Amosando publicacións coa etiqueta proxecto caracois. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta proxecto caracois. Amosar todas as publicacións

xoves, 28 de decembro de 2017

PROXECTO CARACOIS VIII

    Xa rematamos o noso proxecto dos caracois onde aprendimos moitas cousas e moi interesantes. Aqui vos deixo o producto final desta investigación e ata a próxima con moitas ganas!!!!

xoves, 30 de novembro de 2017

PROXECTO OS CARACOIS VII

Esta vez tocou investigar sobre a "caca" dos caracois e Pedro, Hugo, Dimitri e Emma contáronnos unha cousa moi curiosa...


  A súa caca é da cor do que comen!!! Iso quere dicir que si comen tomates a caca será vermella, e si comen lechuga pois verde... e fixemos a proba!!!
 

Pedro trouxo unha mostra gráfica moi clara do que nos contou:

  

luns, 27 de novembro de 2017

domingo, 26 de novembro de 2017

PROXECTO OS CARACOIS V

O outro día levamos unha sospresa cando fomos a limpar a caixa dos caracois, e atopámonos con moitos ovos brancos e pequenos!!! Entón Vera, Iria e Dimitri explicáronnos como nacen os caracois e que por nacer de ovos son animais ovíparos. Tamén estudamos o ciclo de vida dos caracois e como se reproducen. Aprendemos moitas cousas interesantes e moi curiosas!!!







sábado, 18 de novembro de 2017

PROXECTO CARACOIS IV

Continuando co noso proxecto , cando estivemos coa profe Nair merendamos uns riquísimos caracois!!! Profe Nair botámosche de menos, aínda que estamos moi ben coa profe Bea!!! ;)







domingo, 12 de novembro de 2017

PROXECTO OS CARACOIS III

Xa comezamos a nosa nova investigación. Vimos que é o que sabiamos sobre os carafio, pedimos axuda ás nosas familias e preparamos o noso recuncho de investigación onde iremos poñendo toda a informacion que traiamos de casa e o que vaiamos facendo e aprendendo. 
Unha mañá a profre Sandra tróuxonos unha chea de caracois que atopou na súa horta, así que prepraramos a caixa onde metelos e botámoslles comida.













Tamén Vera trouxo caracois moi pequeniños que metemos na caixa


PROXECTO OS CARACOIS II

Apareceu un caracol no corredor¡¡¡ Fai unhas semanas apareceu un caracol dentro dunha caixa de plástico cuns buracos e a profe díxonos que esa caixa era para ter caracois en clase!!!

 



Levamos a caixa para clase e o caracol tan chulo que estaba dentro, votamos e decidimos entre todos o nome que lle poñeriamos á nosa nova mascota






Saíu, por maioría, Espaldita.
E saímos ao patio a buscar caracois para ter en clase, pero non atopamos ningún...



Decidimos volver outro día a ver si temos máis sorte...


xoves, 5 de outubro de 2017

PROXECTO OS CARACOIS (I)

    Durante a primeira semana do cole tivemos en clase un caracol que atopamos no patio, e debido á gran curiosidade que este pequeno animal espertou en nós, decidimos que a nosa primeira investigación sería sobre estes animais.




    Para iso convertémonos unha vez máis en investigadores, escribimos a nota para as nosas familias e empezamos un novo proxecto: OS CARACOIS
 

mércores, 29 de xuño de 2016

OS PEQUES NA FESTA DO SABER

Queredes ver como compartimos os peques o aprendido nos nosos proxectos? podedes velo no lod de Arnaldo. Premede na imaxe de cada curso e iredes directiños!

OS CARACOIS: 3 ANOS

O MERLO: 4 ANOS

O NEOLÍTICO: 5 ANOS