Amosando publicacións coa etiqueta mesa de luz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mesa de luz. Amosar todas as publicacións

venres, 30 de xullo de 2021

Mes de xuño e vacacións!!

OLA FAMILIAS!!

Aquí vos deixo as tan esperadas fotos do último mes do curso, como podedes ver non deixamos de traballar, xogar e gozar!!

 A través dos xogos de mesa...

 

Coas propiedades da luz...


 

Proxecto dos bebés... embarazo  e crecemento...





Aproveitando a titoría entre iguais...



Traballamos a lóxica-matemática vivenciando e manipulando: 






 

E sobre todo desfrutando co xogo libre:

  

 

No exterior aproveitamos para:

Merendar nas mesas de picnic novas!!

Observar e comentar que fan os maiores...

Facerlle peinados á profe...

Amar á natureza...





 

Como premio por ser uns campións e campionas durante todo o curso, non podía ser menos... de excursión a praia!!! pasámolo en grande!!!

 







Chegamos ao cole derrotados!!


 Celebramos os aniversarios de xuño e máis os de verán... parabéns amiguiños!!!







E por suposto despedimos a dúas grandes mestras que nos acompañaron durante o curso e que levamos no corazón, moitas grazas Sandra e Almudena!!!


Agora estamos de vacacións... pero pronto voltaremos... votámosmos moito de menos pequerrech@s!!




venres, 28 de maio de 2021

Queda pouquiño para rematar pero mentres... a traballar!!

 Ola familias!! 

Que ben o pasamos esta semana, e canto aprendemos!! mirade!

 A profe fíxonos un debuxo na pizarra... que hai aí agachado??


 O número dous!!

Fixemos unha ficha na que tivemos que buscar o dous nun debuxo e repasar a súa grafía.

Na nosa visita semanal a Arnaldo seguimos desfrutando e aprendendo cos puzzles e xogos de mesa.

Descubrimos un areeiro enorme no patio de primaria... que ben o pasamos á sombriña!!


 No recuncho de lectoescritura incorporamos unha actividade sensorial para realizar as grafías das letras, en primeiro lugar repasamos co dedo a letra elixida, despois facémola co dedo na bandexa de pan raiado e despois coa tiza na pizarra, sáenos xenial!

 

Na mesa sensorial trocamos o arroz por... Lentellas!! un furor!!

Nos momentos de xogo libre somos moi creativos... e ademáis gústanos moito ser papás e mamás...

No obradoiro de luz, repasamos as cousas que aprendemos sobre o feto, e vimos as nosas ecografías.

 Tamén xogamos un pouquiño coa luz negra que nos chifla!!


 Aproveitamos o bo tempo para sacar os xogos de mesa fora da aula. Esta semana xogamos a un xogo de bolboretas no que traballamos a observación, atención e reacción.

 



Rematamos a semana con sesión maquillaxe, hoxe cada un elixiu un número para poñer na fronte, e ademáis representamos cos dedos a súa cantidade.



Ata outra!!!!