mércores, 16 de novembro de 2022

OUTONO, SAMAÍN, MAGOSTO...

Na clase de 4 anos nas últimas semanas estivemos traballando moito. 

Fixemos un mural de outono

 
Fomos de andaina 
 
Festexamos o Samaín


 Pintamos con acuarelas

Devora, a nai de Anxo e Antón, veu contarnos un conto

Merendas monstruosas


Fixemos un pequeno desfile de disfraces


 
Exposición de cabazas

A profe  Jeni contounos o conto "A figueira de Pelostortos" e probamos figos.

Coa  profe Bea xogamos co Bee-bot 

Lectura as escuras

Para celebrar o magosto fixemos uns recipientes para as castañas con briks de leite.


 Fixemos un papacastañas

Na clase imos cambiando as propostas e introducimos novos xogos para aprender moito!!!




 Usamos as tesoiras


Gústanos moitísimo o xeoplano.




Coa profe Bea facemos moitas cousas ( Bingo do outono, traballamos varios contos como o de "Verlioka",  "Tío Lobo", "Maruxa",... facemos obradoiros de grafismo creativo relacionado co outono e samaín,...

Obradoiros de grafismo creativo

Bingo outono

Conto "Verlioka"

Desde hai unhas semanas apareceu na nosa clase un esqueleto e agora estamos traballando o proxecto do corpo humano.



Aquí están algunhas das fichas que imos facendo

Recibimos a visita dos bombeiros que nos encantou!!!


OS PEQUES COMEZAMOS NOVEMBRO CON MOITAS GANAS!

Comezamos novembro cun festivo e unha semana moi cortiña pero aproveitada ao máximo. 
Seguimos xogando cos nosos nomes, cos números, coas formas, as cores... seguimos artisteando, construíndo... non paramos! 
Así resumimos a semana do 2 ao 4 de novembro que rematou cunha visita mooooi especial.

  

E así foi a semana do 7 ao 11 de novembro, a semana do magosto, na que fixemos moitas cousas especiais (se queredes ver o ben que o pasamos no magosto premede AQUÍ)

luns, 7 de novembro de 2022

OS PEQUES DESPIDEN OUTUBRO CON MOITAS ACTIVIDADES

Os máis peques do cole despediron outubro compartindo o samaín con todos os compis do cole, e que ben o pasaron!
Unha das cousas que máis lles gusta é poñer o mandilón para facer artistadas: coller os pinceis e pintar... no papel, nas mans ou onde faga falta!


Despedimos o mes con moita chuvia pero tamén aproveitando todos os momentos que puidemos no patio, e tamén despedimos outubro co aniversario de Mael que deu unha volta máis ao sol: agora todos e todas temos 3 aniños!!


Unha das actividades de Samaín que puidemos recuperar, foi "Polo samaín cóntame a min", o cal nos permitiu desfrutar, outra vez, das contadas das familias. Graciñas ás mamás de Eira, Xavi e Mael que viñeron a contarnos contos e tamén a Noa e Clara, primas de Xavi, que tamén compartiron unha historia cos peques.
 

xoves, 3 de novembro de 2022

Un outubro de medo!!

 Boas familias!!!

Na clase de 5 anos pasamos un mes cheo de traballos! Pero como gozamos!!!

No recanto de lectoescritura, empezamos a traballar coas letras minúsculas, empezando polo noso nome que é o máis importante para nós!



 Ademais na asamblea todos colaboramos a poñer a data dicindo cada un unha letra da mesma, e o encargado escribe o seu nome en minis:

En canto as matemáticas seguimos traballando o concepto "Maior que", "menor que" e igual. Sempre de xeito manipulativo e vivencial, para que vexan coa súa propia experiencia o significado destes termos.


 Continuamos co proxecto dos faros, estamos volvéndonos uns auténticos expertos!!

Cos xogos de mesa poñemos en marcha moitas capacidades, ATENCIÓN, OBSERVACIÓN, CONTEO, COMPARACIÓN DE MAGNITUDES, VELOCIDADE DE PROCESAMENTO, ASOCIACIÓN DE CANTIDADES, PERCEPCIÓN ESPACIAL, etc, como vedes unha chea de cousas!!! Nós encantados de aprender xogando, somos uns forofos dos xogos de mesa!!! Este mes presentamos o xogo do CHAF CHOF e o de MONSTER MATCH e o TANTRIX.

 

Pero co xogo de MOSQUITO temos moito vicio!!

Aproveitamos o bo tempo para dar unha voltiña polo contorno e observar os cambios do outono na natureza, e sobre todo facer un picnic de campo!!



Aproveitamos elementos naturais recollidos na saída e no patio para elaborar un cadro de outono:

Nos desdobres coa profe Bea facemos de todo, grafismo creativo, robótica, arte, etc.




Aproveitamos todos os recantos de xeito libre para aprender e divertirnos tamén!!



 

Adicámoslle tamén un anaquiño de tempo a lectura:

Iniciámonos no teatro de títeres co conto "A mosca chosca":

 Celebramos os aniversarios de Leo e Isabella:

Entramos a tope na semana do SAMAÍN:

Contando contiños de medo:

A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS (sorte que Pelostortos estaba durmido e puidemos probar os figos da súa figueira):

A familia de Leo viu un par de días a contarnos historias de medo, Sergio o seu papá, e Eva a súa prima:


Tamén nos visitou Lidia a mamá de Sofía, que nos viu contar un conto con nos encanta: CORRE, CORRE, CABACIÑA.

Amosamos as cabazas que fixemos en familia na exposición:



 Lectura as escuras:



 

Puxémonos mans a obra coa decoración de Samaín, fixemos arañas e cosemos as súas teas, morcegos, cabazas, ollos sanguinolentos, frankensteins,  pantasmas, etc, quedou todo moi terrorífico!




Chegou o día e viñemos terroríficamente disfrazados e aproveitamos para montar un esquelete e analizar as súas partes, cha,ounos moito a atención saber qué é o que temos dentro do noso corpo, así que non tardaremos en investigar sobre este tema...

A profe Bea montou un equipo de bruxas...


E así de guap@s despedimos esta festa terrorífica!!!