xoves, 3 de novembro de 2022

Un outubro de medo!!

 Boas familias!!!

Na clase de 5 anos pasamos un mes cheo de traballos! Pero como gozamos!!!

No recanto de lectoescritura, empezamos a traballar coas letras minúsculas, empezando polo noso nome que é o máis importante para nós!



 Ademais na asamblea todos colaboramos a poñer a data dicindo cada un unha letra da mesma, e o encargado escribe o seu nome en minis:

En canto as matemáticas seguimos traballando o concepto "Maior que", "menor que" e igual. Sempre de xeito manipulativo e vivencial, para que vexan coa súa propia experiencia o significado destes termos.


 Continuamos co proxecto dos faros, estamos volvéndonos uns auténticos expertos!!

Cos xogos de mesa poñemos en marcha moitas capacidades, ATENCIÓN, OBSERVACIÓN, CONTEO, COMPARACIÓN DE MAGNITUDES, VELOCIDADE DE PROCESAMENTO, ASOCIACIÓN DE CANTIDADES, PERCEPCIÓN ESPACIAL, etc, como vedes unha chea de cousas!!! Nós encantados de aprender xogando, somos uns forofos dos xogos de mesa!!! Este mes presentamos o xogo do CHAF CHOF e o de MONSTER MATCH e o TANTRIX.

 

Pero co xogo de MOSQUITO temos moito vicio!!

Aproveitamos o bo tempo para dar unha voltiña polo contorno e observar os cambios do outono na natureza, e sobre todo facer un picnic de campo!!



Aproveitamos elementos naturais recollidos na saída e no patio para elaborar un cadro de outono:

Nos desdobres coa profe Bea facemos de todo, grafismo creativo, robótica, arte, etc.




Aproveitamos todos os recantos de xeito libre para aprender e divertirnos tamén!!



 

Adicámoslle tamén un anaquiño de tempo a lectura:

Iniciámonos no teatro de títeres co conto "A mosca chosca":

 Celebramos os aniversarios de Leo e Isabella:

Entramos a tope na semana do SAMAÍN:

Contando contiños de medo:

A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS (sorte que Pelostortos estaba durmido e puidemos probar os figos da súa figueira):

A familia de Leo viu un par de días a contarnos historias de medo, Sergio o seu papá, e Eva a súa prima:


Tamén nos visitou Lidia a mamá de Sofía, que nos viu contar un conto con nos encanta: CORRE, CORRE, CABACIÑA.

Amosamos as cabazas que fixemos en familia na exposición:



 Lectura as escuras:



 

Puxémonos mans a obra coa decoración de Samaín, fixemos arañas e cosemos as súas teas, morcegos, cabazas, ollos sanguinolentos, frankensteins,  pantasmas, etc, quedou todo moi terrorífico!




Chegou o día e viñemos terroríficamente disfrazados e aproveitamos para montar un esquelete e analizar as súas partes, cha,ounos moito a atención saber qué é o que temos dentro do noso corpo, así que non tardaremos en investigar sobre este tema...

A profe Bea montou un equipo de bruxas...


E así de guap@s despedimos esta festa terrorífica!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario