Tivemos tempo de xogar na auga e na area, de facer un pícnic merenda, de saborear uns xeados... e todo fixémolo xuntos... aproveitamos o tempo ao máximo!!
domingo, 12 de xuño de 2022
OS LAGARTIÑOS DE SEIXO NA PRAIA!
A QUE XOGABAN OS NOSOS PAPAS E MAMÁS CANDO ERAN PEQUENOS?
Ola familias! Como xa ben sabedes este curso o PDI do centro cursa sobre o 50º aniversario do cole e a clase de 6º de infantil traballamos, coa vosa axuda, sobre os xogos aos que adoitaban xogar os nosos papás e mamás ou os avós e avoas cando eles tiñan máis ou menos nosas idades e viñan ao cole .
Para iso contamos coa colaboración de varias familias.
A primera en participar foi o o papá de Tomé. Diego ensinounos como se xogaba ás chapas. Comentounos que as personalizaban e decoraban para saber e distinguir cada un ás súas . Despois facían un circuíto con diferentes tramos e trampas (a saída e meta, a morte...) procurando non saírse do circuíto xa que iso implicaba volver ao tramo anterior ou volver empezar...O gañador era o que primeiro chegase á meta. Estivemos a practicar varias veces e pódovos asegurar que non é nada doado...
E o último en vir foi o papá de Brais, David, que nos ensinou o xogo dos trompos. Ensinounos como atalos, como collelos de forma correcta para facelos bailar e tiralos ao chan, aínda que esta parte resultounos bastante difícil...
Explicounos que se facía un circulo no chan e alí metíanse as buxainas vellas, ás que había que intentar darlle un calote (tentar furalos) ou botalos fóra do círculo para así poder quedar con eles.
Tamén ou fixo bailar sobre a súa man!!!
martes, 7 de xuño de 2022
ARTISTEANDO CON JACKSON POLLOCK
Neste trimestre os nenos e nenas de 3 anos traballamos un proxecto de arte sobre Jackson Pollock e investigamos cousas da súa vida e obra. Primeiro descubrimos o seu nome xogando a descubrir que letras forman o seu nome, falamos un pouco da súa vida, e analizamos os seus cadros, o que nos suxiren, o seu xeito de pintar, as cores que empregaba, etc. A verdade é que xa somos uns expertos nel.
Pintamos con canicas
Goteamos
Salpicamos cos pinceis
Pintamos con ramiñas
Pintamos con puverizadores

martes, 31 de maio de 2022
FELIZ ANIVERSARIO NICO!!!
O pasado mes de Abril estivo de aniversario Nicolás que se suma tamén aos nenos e nenas de 6 anos. Esperamos que gozases moito da túa festa de aniversario!!!
Moitos parabéns Nico!!!
domingo, 22 de maio de 2022
Descubrindo, aprendendo e xogando...qué ben o pasamos!!!
Ola familias!! Aquí vos traio unha chea de novidades que os peques de 4 están vivindo no cole:
Día do libro: elaboramos un marcapáxinas coa nosa foto e o cole nos agasallou cun minilibro para fomentar a lectura dende pequech@s!
Obradoiro de cociña: entre todos decidimos facer os nosos propios paninis para menrendar, cada un de nós escolleu os ingredientes que máis lle gustaban e... ao forno! estaban boísimos!!!
Proxecto: comezamos un novo proxecto de arte, adicado a Vincent Van Gogh, primeiro descubrimos o seu nome xogando a descubrir que letras forman o seu nome, falamos un pouco da súa vida, e analizamos os seus cadros, o que nos suxiren, o seu xeito de pintar, as cores que emprega, etc.
Biblioteca: aproveitamos os recursos da biblio a tope! Ademais escollemos novos libros de préstamo para compartir en familia. Nesta ocasión fumos a sección de ciencias e aprendemos un montón destes novos libros. Antes de escoller un novo cada semana os peques recomendan aos seus compañeiros o libro que levaron esa semana explicándolles qué é o que máis lles gustou de cada libro, aprendemos un montón!!
Xardín: axeitamos o xardín plantando novas plantas de margaridas... queremos moitas flores no noso patio!!!
Cultura popular: iniciamos o mes de maio saíndo a buscar as xestas, como é tradición, poñémolas nas fiestras e nas portas do cole para que non entren as bruxas...
Consello escolar infantil extraordinario: os xefes do cole convocaron un consello escolar infantil xa que saíu unha noticia sobre dúas árbores presentes na beira do río Loira, aproveitamos esta noticia para ir a visitar o que estaba máis preto do cole, e elaboramos un escrito para apoiar a súa candidatura na inclusión do catálogo de árbores senlleiras de Galicia.
Maios: elaboramos un maio chiquitín, mirade que bonito nos quedou!! Despois representámolo en plastilina e debuxos..e aproveitamos as flores que sobraban para facer colares, pulseiras e coroas.
Letras Galegas: traballamos un pouco sobre Florencio Delgado Gurriarán, aprendemos unha poesía e investigamos un pouco sobre a súa vida.
Sorpresas: Sara Garrido tróuxonos unha pel de serpe que atpou nunha leira que estaban limpando, dounos moito xogo para falar dos reptís, e concretamente das serpes, como nacen, como se moven, que é o que comen, como é o seu corpo, etc... aprendemos un montón!
Xogos de mesa:
Aprendemos a xogar a Lucky Jirafa, un xogo no que aprendemos os conceptos, grande, mediano e pequeno, longo curto, máis que e menos que, encántanos a dinámica deste xogo porque sempre é unha sorpresa a peza do pescozo que nos vai a tocar!
Con Mosquito entrenamos a agudeza visual, a toma de decisións, o control óculomanual e a rapidez de procesamento, é moi divertido porque xogamos os catro á vez!
Pilla colitas: xogamos en gran grupo e tamén por equipos a pillar as colitas, cando xogamos en gran grupo todos podemos roubar as colitas de todos, pero cando xogamos por equipos (mapaches, cocodrilos e raposos) temos que roubar as colitas dos equipos contrarios. Encántanos!!
Coa teacher Pachú xogamos ao xogo "The little ones eating big":
Aniversario: celebramos o aniversario de Izan:
Por fin rematamos a nosa porta de entrada, mirade que chulas nos quedou!
E seguimos aprendendo e xogando nos recunchos: