sábado, 31 de decembro de 2022

O MES DO NADAL NA CLASE DE 3 ANOS

O último mes do ano está cheo de maxia e ilusión, e sendo o primeiro decembro que pasa no cole a tropa de 3 anos, non podía ser menos.
A primeira semana do mes tivo moitos días festivos pero aproveitámola requeteben: recibimos visitas de Pupi cheas de sorpresas, fixemos moitas artistadas de Nadal, decoramos, fixemos galletas, fomos ao cine, compartimos moitos xogos...
 
 

A seguinte semana Pupi seguiu sorprendéndonos coas súas gamberradas e planes divertidos, ademais seguimos facendo decoración de Nadal e compartindo xogos e aprendizaxes. A actividade máis especial desa semana foron as postais de Nadal: eliximos a quen lla queríamos enviar, fixemos as postais, dedicámolas, metémolas no sobre e puxémoslle os selos: traballamos un montón! E por suposto saímos ata correos para envialas: que emoción!!
 
 
 
E a última semana despedimos o Nadal como merece: con risas, bailes, doces... e compartindo cos compis! Fixemos ensaios co profe Tano para o festival, ensinámoslles aos compis as árbores de Nadal que temos na casa, viaxamos no tren do Nadal, compartimos unha merenda especial cos compis de infantil, tomamos a chocolatada da ANPA, tivemos o festival, visitounos mamá Noel....
 
 

Despedimos 2022 recordando que ser diferentes.... mola! 
O ano que ven: máis e mellor!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario