Boas familias!!! Decembro foi un mes máxico!! Éncantanos o Nadal e así o desfrutamos:
Comezamos montando o noso almanaque de advento... repartimos os días no almanaque de aula para saber a quen lle ía tocar cada día, que emoción!!
Preparamos galletas de nadal, facemos nos todos os pasos, xa somos uns expertos cociñeiros!
Traballamos arreo para facer as manualidades de nadal:
Escribimos e decoramos as postais de nadal:
Aportamos o noso gran de area para facer a árbore de Nadal cooperativa, de refugallo pero con moita purpurina!!
Traballamos as figuras dos Reis Magos. Miramos unha peli sobre a súa historia, falamos da estrela que seguían e comparámola cos nosos soños ou desexos que queremos conseguir, saíron ideas moi chulas!! Queren ser policías, perruqueiras, pasteleiras, doutoras, mestras, exploradores, etc. Todos poden conseguir o que desexan sendo constantes e esforzándose en conseguilo!
Escribimos carta aos Reis e eliximos a quen lla queremos mandar e metemolas no buzón correspondente:
Aproveitamos a saída para enviar a postal que fixemos ao buzón de correos, pusémos o selo e falamos desa persoa tan importante que aparece nel, o rei de España, e houbo algunha que preguntou porque non había selos da raíña... pois claro!! con toda a razón, jajajja.
Que emoción cando nos chegou a felicitación dun compañeir@!
Gozamos coa viaxe en tren, emocionámonos cando vimos a Illa de Tambo na ría e o faro Tenlo Chico!
Aproveitamos que o tren estaba aparcado no patio para enredar un pouco nel!!Celebramos unha merenda navideña conxunta.. puxémonos as botas!!!
Fumos ao cine de Seixo, e aproveitamos o soliño para facer un picnic á volta.
Elaboramos os noso traxes rexionais de galegos para a actuación de nadal... que guapísimos estábamos e que ben o fixemos!!!
Entre tanta festa tamén facemos cousas cotiás, temos tempo para todo!
Cada día, imos sumando moitos recordos xuntos, como este día, que saímos ao patio e caíunos un chaparrón sorpresa e tivémonos que meter todos no caseto a todo correr!!
Familias, espero que esteades a gozar destas vacacións, e sobre todo, destes pequen@s que son un tesouro. Vémonos a volta!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario