Os máis peques do cole comezamos o ano cargados de enerxía e con moitas ganas. Chegamos e atopamos a árbore de Nadal chea de agasallos para a nosa aula: que emoción abrir paquetes e estrear tantas cousas! Ademais, a chuvia permitiunos desfrutar algún recreo no patio, que xa o botábamos de menos!
A segunda semana de xaneiro seguimos con moita enerxía xogando e traballando cos números e coas letras, sobre todo coas dos nosos nomes. Imos descubrindo que hai moitas formas diferentes de escribir, non so co lapis, e é moi divertido facelo: en pan raiado, no papel máxico....
Tamén comezamos un cadro xigante que estamos facendo entre todos: somos uns artistazos!
Algo moi especial que celebramos o día 17 foi o aniversario de Iago, que é o primeiro en cumprir 4 anos, e festexamos con el a súa cuarta volta ao sol.
Ningún comentario:
Publicar un comentario