luns, 27 de febreiro de 2023

DESPEDIMOS XANEIRO CORRENDO POLA PAZ

Os peques do cole despedimos o primeiro mes do ano facendo, con todos os compis do cole, a carreira solidaria, foi un mes de xaneiro chulísimo! Na semana do 23 ao 27 fixemos moitísimas cousas. Entre elas rematamos o noso mural de autorretratos: quedou precioso! Tamén puxemos en marcha a "Brigada recicladora" porque cada día temos máis claro como separar o lixo e nós mesmos o levamos aos contedores correspondentes ou ao composteiro. Ademais rematamos de facer os dorsais para a carreira solidaria: fixémolos con moito esforzo e coidado, por iso nos quedaron tan chulísimos.

A semana do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro comezou coa celebración da "IV Carreira solidaria: corre con Arnaldo" da que podedes ver máis premendo AQUI. E con ese comezo de semana o resto foi rodado. Seguimos aprendendo cousas do inverno e facendo arte coas súas cores: canto nos gusta artistear!

xoves, 9 de febreiro de 2023

UN XANEIRO A BO RITMO

 Á volta das vacacións de Nadal atopamos baixo árbore un agasallos que nos deixaron os Reis Magos. A verdade é que xogamos moito!!!



Continuamos traballando o proxecto do corpo humano. Nesta ocasión atopamos na clase a maqueta do sistema locomotor.


Colocamos algúns músculos no seu lugar.

 Investigamos cousas sobre o cerebro e as funcións das diferentes partes. Tamén investigamos sobre o sistema respiratorio.


 

 Traballamos vocabulario

 
 
 Xogamos ao bingo

Fixemos xogos cos números 

Xogamos a Cántos faltan para chegar a un determinado número?

 
 Xogamos coas cartas e os Dobble onde traballamos a atención e a rapidez de resposta.

Ordenamos medios de transporte por tamaños (de maior a menor tamaño e de menor a maior tamaño)

Xogamos co Bee-bot e traballamos a orientación espacial e a programación.

Temos novas propostas:


 
"Lemos" o nome de animais e os  asociamos coa súa imaxe 


Comezamos co Kubyx ( as veces libremente e outras coas plantillias)



Disfrutamos de momentos de lectura
Polo Día da Paz elaboramos os dorsais para participar na carreira solidaria. Coa profe Bea traballamos as obras de arte de Picasso e de Romero Brito. Por suposto, continuamos facendo os obradoiros de  grafismo creativo que tanto nos gusta.
 

Fomos á aula de luz

Comezamos un proxecto de arte sobre Kandinsky 

Primeiro estivemos falando sobre unha fotografía que resultou ser o retrato dun artista chamado Wassily kandinsky. Despois buscamos información e escribimos datos importantes da súa vida. Comezamos versionando a súa obra "Círculos". Nas vindeiras semanas versionaremos mais obras del.

 


Xogamos moito



 

Celebramos os aniversarios de Oliver e Leyre que xa teñen 5 anos.



sábado, 4 de febreiro de 2023

CO FRÍO DE XANEIRO...bufanda luvas e sombreiro!!

 Ola familias! tralas vacacións de Nadal, atopamos baixo a nosa árbore, moitos agasallos de parte dos Reis Magos!




Comezamos o proxecto dos superheróes, estamos moi emocionados!



Traballamos o concepto esquerda-dereita:


Iniciámonos na actualización do calendario:

Traballamos a lectoescritura no ordenador, a través de contos de letras, con material manipulativo e tamén con algunha fichiña:


 
Traballamos a composición do número 10, coas regletas e co sunblox:
 


 

 Comezamos un novo proxecto de arte co artista HERVÉ TULLET:
 

 
Coa profe Bea traballamos unha obra de Picasso polo día da paz, e seguimos co grafismo creativo:



Aproveitamos o inverno para decorar as nosas portas:

No recuncho do artista seguimos espallando a nosa creatividade:



Xogamos de xeito libre, creamos xeometrías e construímos espazos:







Traballamos nos nosos dorsais para a carreira solidaria da paz: