luns, 27 de febreiro de 2023

DESPEDIMOS XANEIRO CORRENDO POLA PAZ

Os peques do cole despedimos o primeiro mes do ano facendo, con todos os compis do cole, a carreira solidaria, foi un mes de xaneiro chulísimo! Na semana do 23 ao 27 fixemos moitísimas cousas. Entre elas rematamos o noso mural de autorretratos: quedou precioso! Tamén puxemos en marcha a "Brigada recicladora" porque cada día temos máis claro como separar o lixo e nós mesmos o levamos aos contedores correspondentes ou ao composteiro. Ademais rematamos de facer os dorsais para a carreira solidaria: fixémolos con moito esforzo e coidado, por iso nos quedaron tan chulísimos.

A semana do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro comezou coa celebración da "IV Carreira solidaria: corre con Arnaldo" da que podedes ver máis premendo AQUI. E con ese comezo de semana o resto foi rodado. Seguimos aprendendo cousas do inverno e facendo arte coas súas cores: canto nos gusta artistear!

Ningún comentario:

Publicar un comentario