Ola familias!!
Que ben o pasamos esta semana, e canto aprendemos!! mirade!
A profe fíxonos un debuxo na pizarra... que hai aí agachado??
O número dous!!
Fixemos unha ficha na que tivemos que buscar o dous nun debuxo e repasar a súa grafía.
Na nosa visita semanal a Arnaldo seguimos desfrutando e aprendendo cos puzzles e xogos de mesa.
Descubrimos un areeiro enorme no patio de primaria... que ben o pasamos á sombriña!!
No recuncho de lectoescritura incorporamos unha actividade sensorial para realizar as grafías das letras, en primeiro lugar repasamos co dedo a letra elixida, despois facémola co dedo na bandexa de pan raiado e despois coa tiza na pizarra, sáenos xenial!
Na mesa sensorial trocamos o arroz por... Lentellas!! un furor!!
Nos momentos de xogo libre somos moi creativos... e ademáis gústanos moito ser papás e mamás...
No obradoiro de luz, repasamos as cousas que aprendemos sobre o feto, e vimos as nosas ecografías.
Tamén xogamos un pouquiño coa luz negra que nos chifla!!
Aproveitamos o bo tempo para sacar os xogos de mesa fora da aula. Esta semana xogamos a un xogo de bolboretas no que traballamos a observación, atención e reacción.
Rematamos a semana con sesión maquillaxe, hoxe cada un elixiu un número para poñer na fronte, e ademáis representamos cos dedos a súa cantidade.
Ata outra!!!!