Boa tarde a todas e a todos:
Feliz Día da Familia!!! Este último mes mantivemos en segredo o regaliño que vos agardaba para o día de hoxe, as macetas que con tanto mimo decoramos e nas cales plantamos os pensamentos que agardamos vaian nacendo en breve.
Puidemos investigar moito sobre eles, e soubemos que despois de varias fases se convertirán en fermosas bolboretas. Gracias a escola de Vilarello do Cra de Valga, e tamén a Dibertribu, que desinteresadamente compartiron material moi útil ao respecto e que nos serviu de moita axuda:
Pero isto non é motivo para deixar de buscar bechos novos no patio, que sorte de ter tantas zonas verdes, que ademais de permitirnos ver todos estes seres pequeniños, nos permiten xogar, e estreitar lazos cos comapeiros e compañeiras:
Nesta tempada tamén decidimos que iba sendo hora de darlle un cambio a porta da aula, e puxémonos mans a obra coa decoración, lóxicamente quixemos seguir a temática do noso proxecto polo que decidimos que bechos iban a formar parte, e velaquí o resultado aínda sen rematar:
En relación a esta temática, todo o que estamos vendo dos bechos parte da estación do ano na que estamos, a primavera, e tamén dende o comezo desta vimos os cambios que xorden nela, polo que decidimos elaborar tulipáns dun xeito menos convencional e máis artístico, co que nos gusta a nos andar entre pinturas...
Ademais de pintar e decorar, seguimos aprendendo día a día, e mellorando moito na lectoescritura, as veces sen darnos conta, mentres xogamos...
E por último, queremos mostrarvos o noso xeito de celebrar as Letras Galegas, que este ano se lle adicaron a Xela Arias. Por elo, dende o cole se recolleu información dun xeito moi chulo e diferente, grabándoa e deixándoa neste taboleiro, para que os nenos e nenas poidan pulsar na imaxe que lles interesa e escoitar a información, e alá fomos a probar:
Como descubrimos que Xela traducía libros ao galego, decidimos leer un anaquiño dun deles, para despois explorar contos escritos en galego libremente:
Fixemos tamén un faladoiro moi chulo no que participou todo o cole, nos incluídos, con información de actualidade da zona. Se queredes escoitalo pasádevos polo blogue da biblio que non ten perda!
Por último, queremos deixar por aquí os nosos agradecementos a profe Sandra, que ademais de darnos psicomotricidade e estar connosco na aula en varias sesións axudándonos, traéndonos cousiñas para facer, fai algo moi importante para o blogue... é a fotógrafa oficial da nosa clase!!! A que se lle dá moi ben?
E aquí me despido eu, a redactora, desexándovos primeiro unha boa ponte. Deica logo familias!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario