A semana pasada tivemos a nosa primeira saída en autobús a Pontevedra. Consistiu en ir ao teatro para ver a obra "O lobo e a lúa" que resultou ser moi bonita e entretida.
Á saída puidémonos sacar unha foto co protagonista da obra.
Onte tivemos a sortear de poder disfrutar en Pontevedrada obra BURBUJAS DE PAPEL de teatro e danza e ó final todos acabamos bailando.
Ademais tivemos a sorte de compartir a experiencia con cole de Ardán
Como ben di o refrán "mais vale tarde que nunca" aqui déixovos as fotos
do noso PDI: "Os contos" que expuxemos tanto para os nenos do cole como
para as familias ó remate do curso pasado.
Aquí tendes os vídeos que foron o producto final do noso traballo de investigación sobre os contos realizado na aula e coa colaboración das familias. Unha vez máis grazas familias pola vosa colaboración. Este curso máis e mellor!!!
Hoxe, todo o alumnado de infantil colleu o bus a Pontevedra para desfrutar do espectáculo: Antón Comodón (premede AQUÍ se queredes ver máis detalles da obra), da compañía L´Estaquirot Teatre (premede AQUÍ para coñecelos máis) dentro da programación de Actividades para escolares 2017/2018 de Afundación.
Contáronnos a historia de Antón, a quen de neno na súa casa facíanllo todo, non facía falta que aprendese nada se el non quería. Cando creceu tiña un axudante, Nicolás, que era o encargado de facelo todo. Pero un día Nicolás pensou que xa tiña bastante diñeiro e foise a vivir ás illas verdes….
Antón non sabía vivir sen axuda: nin vestirse, nin abrocharse os zapatos, nin tan sequera comer só a sopa! Así pois decidiu empezar unha longa viaxe en busca de Nicolás, atravesando campos cidades e lugares descoñecidos para el, como unha granxa e un porto.
Durante a viaxe Antón foi aprendendo moitas cousas. Cando por fin chego ás illas verdes e atopou ao seu axudante deuse conta que aprendera tanto que era capaz de valerse en por si e foi entón cando decidiu quedar a vivir e botar unha man a Nicolás co seu carriño de xeados, como dous bos amigos.
Aquí vos deixamos un pequeno fragmento desta obra que nos encantou!!!
Mirade que felices saímos!!!
Encantounos este vídeo: que fermoso o proceso de creación deste espectáculo. Noraboa a estes artistas que nos fixeron desfrutar un montón!
O outro día os peques do cole estivemos no teatro desfrutando dun concerto teatralizado: GATUXO. Se queredes saber un pouco máis sobre esta obra premede na imaxe.
E aquí tendes un pequeno resumo do que puidemos desfrutar en directo:
Así de felices estábamos no cole esperando o bus que nos levaría a Pontevedra!