Hoxe, todo o alumnado de infantil colleu o bus a Pontevedra para desfrutar do espectáculo: Antón Comodón (premede AQUÍ se queredes ver máis detalles da obra), da compañía L´Estaquirot Teatre (premede AQUÍ para coñecelos máis) dentro da programación de Actividades para escolares 2017/2018 de Afundación.
Contáronnos a historia de Antón, a quen de neno na súa casa facíanllo todo, non facía falta que aprendese nada se el non quería. Cando creceu tiña un axudante, Nicolás, que era o encargado de facelo todo. Pero un día Nicolás pensou que xa tiña bastante diñeiro e foise a vivir ás illas verdes….
Antón non sabía vivir sen axuda: nin vestirse, nin abrocharse os zapatos, nin tan sequera comer só a sopa! Así pois decidiu empezar unha longa viaxe en busca de Nicolás, atravesando campos cidades e lugares descoñecidos para el, como unha granxa e un porto.
Durante a viaxe Antón foi aprendendo moitas cousas. Cando por fin chego ás illas verdes e atopou ao seu axudante deuse conta que aprendera tanto que era capaz de valerse en por si e foi entón cando decidiu quedar a vivir e botar unha man a Nicolás co seu carriño de xeados, como dous bos amigos.
Aquí vos deixamos un pequeno fragmento desta obra que nos encantou!!!
Mirade que felices saímos!!!
Encantounos este vídeo: que fermoso o proceso de creación deste espectáculo. Noraboa a estes artistas que nos fixeron desfrutar un montón!
Ningún comentario:
Publicar un comentario