mércores, 9 de maio de 2018

PARABÉNS GAEL


Gael xa ten 4 anos e quixemos celebralo xuntos no cole! Coa axuda de dúas compis Gael decorou a súa coroa, que por suposto tiña que ser amarela, que é a súa cor preferida!



Celebramos con Gael a súa vida, e deu 4 voltas ao sol mentres os seus compis lle cantaban. 



Ademais de ser algo especial para Gael (e todos os cumpreañeiros), é fantástico compartilo cos seus compis e de paso, pouco a pouco, buscamos que interioricen o que significa cumplir anos ao tempo que traballamos outras cousas (o paso do tempo, as estacións, os movementos do Sol). 



En cada volta ao sol vimos fotos de como foi medrando Gael dende que naceu tan pequerrechiño. Despois quixemos velas unha e outra vez: encántanos ver fotos de cando éramos peques!



Gael decorou a súa inicial que xa ocupa o seu lugar especial na parede das letras. 



Case, case está completa... so nos falta unha!


Somos moi doces así que non podía faltar unha rica tarta con velas... este peixiño cheo de lacasitos fixo que nos chupásemos os dedos!



E antes de degustar a tarta cantámoslle a Gael en galego, en castelán e en inglés.

 

Que emoción vivimos os días de cumples, son mooooi especiais!




Gael levou as nosas pegadas de recordo para non esquecer nunca o seu primeiro cumple no cole. 



E tamén o agasallamos con algunhas felicitacións especiais.

 

El tamén quixo traer un recordo do seu cumple para todos, encantounos!



Parabéns Gael!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario