A finais de abril, pola semana do libro, convidamos ás familias a compartir contos cos peques.
A mamá de Aine e Anton animouse a contar un conto clásico pero dunha forma especial. Ademais de estar acompañada por Carapuchiña e polo lobo....
...trouxo uns títeres que nos encantaron. A verdade é que traballaron moito creando esos títeres tan chulos!
Despois do conto Carapuchiña e o lobo compartiron unhas deliciosas pastas caseiras das que Carapuchiña levaba a avoiña.
Todos quixemos probalos, estamos feitos uns titiriteiros!
Ultimamente nos encanta montar o teatro na clase e facer pequenos espectáculos uns aos outros, así que estos títeres, diferentes aos da clase, nos motivaron un monton!!
E nos animamos a inventar e contar historias no teatriño....
GRAZAS POR COMPARTIR ESTE CONTO CON NÓS,
ENCÁNTANOS QUE NOS VISITEDES!
ENCÁNTANOS QUE NOS VISITEDES!
Ningún comentario:
Publicar un comentario