venres, 25 de maio de 2018

BOLAS MÁXICAS

Nunha caixa da mesa sensorial atopamos unhas boliñas. Primeiro as observamos con moita atención: eran pequenas, duras, de moitas cores.... 



Decidimos botarlles auga a ver que pasaba...

En pouco tempo xa notamos que empezaban a cambiar... xa non eran tan duras, nin tan pequenas!!


Descubrimos que a estas boliñas lles encanta a auga, e a medida que pasaban as horas seguían medrando:estábamos alucinados!



Xogamos moito con elas... tocalas resulta moooi relaxante e nos encanta!




Ademais de desfrutar co sentido do tacto... fixemos transvasamentos, xogamos a clasificalas por cores, a poñer unha cantidade determinada, etc... 



Desfrutamos moito con elas...


E como nos gustaron tanto, visitamos aos compis da clase de 4 anos para compartir con eles o que descubrimos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario