sábado, 26 de maio de 2018

PARABÉNS CANDELA!

Candela cumpliu 4 anos, e iso merecía unha celebración moi especial. 



A súa coroa estaba chulísima porque a decorou con moito coidado e con grandes axudantes.



Candela deu 4 voltas ao sol, e con ela celebramos cada ano da súa vida vendo fotos dende que naceu.




Candela comeza unha nova volta ao sol rodeada dos seus marabillosos compis.



Encántanos o momento de compartir fotos e recordos... é moi emocionante e divertido, non nos cansamos de velas unha e outra vez!!



Por suposto Candela decorou a súa letra: pintouna e pegoulle un montón de cousas.



E así de bonita lle quedou!


A parede das iniciais xa está completa, iso significa que esté foi o último aniversario deste ano... en setembro máis!!


Xuntos, despois de cantarlle a Candela, desfrutamos dun delicioso biscoito en forma de castelo... riquísimo!!!



Candela tamén levou un agasallo para casa, o cadro con todas as nosas pegadas como recordo do seu primeiro aniversario no cole. 



E aínda que o día estaba nublado, nos enchémolo de cor facendo: "A roda do amor". Unha roda na que nos dicimos cousas bonitas, nos damos cariciñas... e que esta vez adicamos a Candela polo seu aniversario. 



PARABÉNS CANDELA!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario