mércores, 9 de maio de 2018

PULSEIRAS DE LETRAS

A principio de curso, os máis peques do cole fixeron as pulseiras dos bicos (premede AQUÍ se non vos lembrades). Agora que está rematando o curso fixeron outras pulseiras moi especiais: cada un co seu nome. 



Cada un tivo que comprobar que tiña todas as letras do seu nome, ordenalas e ensártalas no limpa pipas... unha tarefa que esixía bastante precisión porque as letras eran moi pequenas, así que traballaron moito a motricidade fina e a coordinación ollo/man. 



Por suposto serviunos para xogar coas letras dos nomes, cos seus sons...



... e non nos olvidamos das mates, xa que contamos cantas letras ten cada nome e comparamos cales son máis largos e máis curtos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario