Amosando publicacións coa etiqueta beebot. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta beebot. Amosar todas as publicacións

sábado, 9 de xaneiro de 2021

XOGAMOS COAS LETRAS E OS NÚMEROS

 Aquí déixovos dúas interesantes actividades que fixemos neste primeiro trimestre coas que traballamos de forma divertida os nosos nomes. Na primeira aproveitamos algúns días de bo tempo e materiais naturais propios de outono para realizala. Na segunda empregamos a mesa de luz, recurso moi atractivo e que tantas posibilidades educativas ten.




 Outra actividade que fixemos foi ir a "casa de Arnaldo" e xogar con Beebot e os números:


mércores, 2 de decembro de 2020

OBRADOIROS NA CASA DE ARNALDO

Ola familias! Queríamos contarvos que, algúns días, imos á biblioteca a visitar a Arnaldo e alí xogamos coa Beebot, coas construcións de Lego, e cos xogos de mesa. Mentres xogamos aprendemos unha morea de cousas... e o máis importante é que gozamos como nen@s que somos!

Deixámosvos unhas fotiños para que vexades o que facemos. 





sábado, 21 de novembro de 2020

APRENDEMOS XOGANDO II

     Aquí estamos o resto da clase que tamén estivemos xogando con beebot na "casa de Arnaldo".



 

martes, 3 de decembro de 2019

COÑECEMOS A BEEBOT

    Estos días estimos na casa de Arnaldo e alí coñecemos a unha nova compañeira "Beebot" coa que estivemos xogando e aprendendo de maneira divertida!!!






mércores, 29 de novembro de 2017

XOGAMOS COS IPAD E A MESA DE LUZ

Este ano ademais de xogar e aprender con beebot tamén aprendemos moitas cousas xogando e investigando cos ipad e coa mesa de luz que temos na biblio. Aqui déixovos unhas fotos para que vexades que cousas  divertidas e interesantes facemos fóra da aula!!!





venres, 10 de novembro de 2017

COÑECEMOS A BEEBOT

Esta semana os de 4 anos empezamos as clases de robótica e onte xogamos con beebot que xa habiamos coñecido o curso pasado e coa que imos prender moitas cousas!!!








mércores, 3 de maio de 2017

ARTE CON BEEBOT

Encántanos xogar con Beeboot, pero si ademais o taboleiro é feito por nós mesmos... aínda nos gusta máis!



Primeiro deixamos voar a imaxinación e cada un deseñou unha casiña co número elexido....



...e despois, coa axuda de Beeboot, fixemos cálculo mental: vivan as mates divertidas!

mércores, 19 de outubro de 2016

BEEBOT COS DE 3 ANOS

Os peques da clase de 3 anos tamén querían coñecer a Beebot (premede no seu nome se queedes coñecer más desta abelliña) e probar o divertida que é a robótica.
Estiveron moi concentrados descubrindo os movementos de Beebot.



 

luns, 10 de outubro de 2016

DESFILE DE DISFRACES DE BEEBOT

Xa vos contamos AQUÍ que os peques da clase de 5 anos estamos experimentando coa robótica grazas a BEEBOT. 


Encántanos que Beebot nos visite porque estamos desfrutando e descubrindo moitas posibilidades de traballo que nos ofrece, E como queremos tanto a esta abelliña, decidimos poñela moi guapa! 


Cada un fíxolle un disfraz que Beebot luciu nun gran desfile. 


Pasámolo fenomenal vendo os deseños de todos os compis... rimos un montón! 


Cada día somos máis expertos en programar os movementos de Beebot!



Mirade que disfraces máis chulos fixemos! 





luns, 19 de setembro de 2016

OS DE 5 ANOS COÑECEN A BEEBOT

Os nenos e nenas da clase do profe Jorge queremos darvos a benvida a este curso. Este verán crecemos un montón e.... somos os maiores do piso de abaixo! ;)



Tivemos unha visita moi especial....

...alguén que nos vai acompañar todo o curso!

Beebot veuse presentar... é unha pequena abella, pero non unha calquera das que andan voando entre as flores! 



Beebot é un pequeno robot co que aprenderemos moitas cousas este curso: a linguaxe direccional, xiros, lateralidade e moitos outros conceptos que practicaremos xogando con esta simpética abelliña! 



Encantounos e estivemos moi concentrados para aprender como funciona. 



Practicamos moito como darlle ordes para que se mova ata donde lle mandemos ir.



Temos que practicar moito porque non é tan sinxelo como parece: robótica, programación... que palabras tan complicadas!



Adiante... atrás... dereita... esquerda... GO!!!