luns, 19 de setembro de 2016

OS DE 5 ANOS COÑECEN A BEEBOT

Os nenos e nenas da clase do profe Jorge queremos darvos a benvida a este curso. Este verán crecemos un montón e.... somos os maiores do piso de abaixo! ;)



Tivemos unha visita moi especial....

...alguén que nos vai acompañar todo o curso!

Beebot veuse presentar... é unha pequena abella, pero non unha calquera das que andan voando entre as flores! 



Beebot é un pequeno robot co que aprenderemos moitas cousas este curso: a linguaxe direccional, xiros, lateralidade e moitos outros conceptos que practicaremos xogando con esta simpética abelliña! 



Encantounos e estivemos moi concentrados para aprender como funciona. 



Practicamos moito como darlle ordes para que se mova ata donde lle mandemos ir.



Temos que practicar moito porque non é tan sinxelo como parece: robótica, programación... que palabras tan complicadas!



Adiante... atrás... dereita... esquerda... GO!!!

1 comentario: