xoves, 15 de setembro de 2016

DESPEDIDA INFANTIL (GRADUACIÓN 2013-2016)

Despois de 3 anos, un grupo de marabillosos peques despediuse de infantil para dar un salto ao piso de arriba, e despedímolos como se merecen!


Estos peques medraron moito no seu paso por infantil, e quixemos botar a vista atrás...


Foi moi emotivo ver o moito que cambiaron estes nenos e nenas!



Mirade, mirade....



Tamén recolleron os seus traballos nunhas preciosas bolsas que eles mesmos elaboraron



Todos, con axuda da profe Bea, compartiron coas familias o moito que aprenderon sobre o Neolítico co proxecto deste ano.



Igual que xa fixeran cos compañeiros de 6º contaron, con axuda do kamishibai, todo o que aprenderon sobre o Neolítico.



E tamén ensinaron como debuxar un pretroglifo

Despois todos subimos á biblioteca a ver un vídeo moi especial e emotivo



Aquí o tedes para desfrutar con tantos recordos....

Despois chegou un momento moi especial no que o dire adicou unhas palabras aos peques que tan ben remataron o seu paso por infantil. 



As familias estaban tan emocionadas como as profes!



Cada un recibiu, de mans da profe Bea, o seu diploma e unha orla de recordo 






Mirade que graduados e graduadas tan estupendos!



Este foi o diploma que todos recibiron:

E esta a orla de recordo con todos os compis de infantil, xunto coa profe Bea e a profe Ana



As dúas quedaron moi emocionadas e sorprendidas polo super agasallo dos peques e das familias... mil grazas a todos!


E rematamos cunha rica merenda e un super baile no que os peques foron os DJs ;)





Claudia, Cloe, Pablo, Hugo, Rubén, Pedro, Irene, Manuela, Óscar, Sofía, Abel, Eva, Uxía, Noelia, Lucía, Alberto, Carmen e Sara: que sexades moi felices... canto vos imos botar de menos! 
Visitádenos moito no patio ;)

Ningún comentario:

Publicar un comentario