Amosando publicacións coa etiqueta actividades conxuntas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta actividades conxuntas. Amosar todas as publicacións

domingo, 12 de xuño de 2022

OS LAGARTIÑOS DE SEIXO NA PRAIA!

Toda a tropa de infantil marchamos de ruta ata Aguete a desfrutar dunha xornada moi especial con todos os compis para despedir o curso. 

Tivemos tempo de xogar na auga e na area, de facer un pícnic merenda, de saborear uns xeados... e todo fixémolo xuntos... aproveitamos o tempo ao máximo!!

Ademais fomos andando e fixémolo de marabilla!! aínda que era un día moi caloroso camiñamos coma expertos, daba gusto vernos cantando por Seixo adiante!

Deixámosvos un vídeo cheo de risas e diversión, imposible resumir máis este día tan chulo!

luns, 4 de abril de 2022

ANDAINA DE PRIMAVERA

O noso cole está situado nun lugar privilexiado: cerquiña do mar e do monte! E por iso desfrutamos tanto paseando polos arredores do cole, como nesta andaina primaveral que fixemos polo contorno do centro, incluíndo unha merenda pícnic, que nos encantan!

mércores, 23 de xuño de 2021

FACÉMONOS MAIORES

Un fantástico grupo de 10 nenos e nenas rematamos este ano unha etapa moi especial, despois de 3 anos en infantil o próximo curso daremos o salto a primaria!
Así de guapos nos puxemos para este acto tan importante no noso cole... A profe Reme e a profe Sandra foron as encargadas do vestiario...
Non quixemos perder a oportunidade de facernos unha foto de grupo coa nosa profe Reme...
E chegou o momento de recibir as nosas orlas de graduacións...
A nosa profe Reme dedicounas unhas palabras moi bonitas...
E quixemos darlle a ela e a profe Sandra uns agasallos para que se lembren de nós...

A verdade e que medramos un montón! Mirade o cambio dende que chegamos á clase de 3 anos ata que rematamos agora na clase de 5 anos!









Desfrutade moito o verán, vémonos en setembro, as profes de infantil estaremos esperando as vosas visitas!

martes, 3 de decembro de 2019

25 N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

    O 25 de novembro, celebramos no cole o día internacional contra a violencia de xénero. Na nosa aula pintamos as mans de cor violeta, que é a cor conmemorativa deste día,  as estampamos nunha cartulina, que logo recortamos para levar a casa.



xoves, 16 de maio de 2019

LEMOS COS PEQUENOS

    A semana pasado volvemos ter unha actividade conxunta cos  peques da escola infantil de Seixo con motivo da  celebracion do día do libro. As  profes da escola infantil contáronnos uns  divertidísimos contos e posteriormente compartimos unha  riquísima merenda e xogos no patio.













GRAZAS PROFES POR COMPARTIR CON NOS ESTA ACTIVIDADE!!!

sábado, 16 de marzo de 2019

OS LAGARTIÑOS DE SEIXO VISITAN....

Como se de un conto dos Bolechas se tratara, este xoves pasado e sendo nos mesmos os protagonoistas, os nenos e nenas de infantil de Seixo queremos contarvos a historia da nosa visita ao Museo Provincial de Pontevedra.

PICADE NA IMAXE 
PARA ACCEDER A NOTICIA

sábado, 9 de marzo de 2019

O ENTROIDO NA CLASE DE 3 ANOS

  E  por fin chegou o día máis importante do "entroido" ... "O desfile polas rúas de Seixo".... pola mañá viñemos todos convertidos en verdadeiras hortalizas..... leituga, coliflor, cabaza, tomate, cenoria, guisante, pemento, repolo, e berenjena..... a profe Mari Carmen casi non nos recoñecía. A verdade que viñamos moi guapos.....pero non daba chegado o momento do desfile ... e despóis de coller moita enerxía comendo os doces tipicos do entroido, xa estamos preparados para unha longa camiñata, mentres os pais, nais, avós ... ecta...tamén estaban preparados para sacar fotos e máis fotos.                                ¡¡A verdade que sentímonos moi importantes!!












venres, 23 de novembro de 2018

O MAGOSTO EN 3 ANOS

      Neste mes de novembro, celebramos no cole o noso "primeiro magosto", foi unha festa moi divertida, todos trouxemos un puñado de castañas para asar. Co profe Jorge fixemos unhas caixiñas moi chulas, para poñer as castañas xa asadas e comelas ...
    Despois de comer as castañas, fomos  cos maiores do cole, a disfrutar dos xogos populares....
    ¡¡¡ QUE BEN O PASAMOS....!!! 








sábado, 30 de xuño de 2018

OS PEQUES DO COLE DESPIDEN XUNTOS O CURSO

Os peques de infantil sempre se apuntan a unha festa! 


Por iso o último día de cole montamos unha merendola para despedir xuntos o curso. 



Puxéronse as botas e colleron moita enerxía para despois bailar o twist!



Pero ademais, os peques son moi agradecidos, e quixeron sorprender a dúas profes que estiveron este curso con nós: Luz e Sarai (que ese día non puido estar porque lle tocaba no cole de Aldán).



Os peques fixeron un agasallo moi especial para as profes no que todos deixaron as súas pegadas para que nunca se olviden deles nin do cole de Seixo. Mil grazas profes, sodes xeniais!



E seguimos con agradecementos. Xa vos contamos como a profe Maricarmen despediu aos nenos e nenas que rematan infantil (podedes velo premendo AQUÍ)



Pois todos eles tamén quixeron despedir á profe Maricarmen e darlle un agasallo para que nunca se olvide destos tres anos que pasaron xuntos. 



Que felicidade, canto nos gustan e nos emocionan os días de festa!!!