Amosando publicacións coa etiqueta emocións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta emocións. Amosar todas as publicacións

martes, 22 de febreiro de 2022

O ARTE DE EMOCIONARTE

 Durante o mes de febreiro a  profe de prácticas Adela traballou connosco as emocións. Reflexionamos sobre as mesmas, os sentimentos, a forma de actuar cos amigos/ as, como nos gusta que nos traten e como debemos tratar aos demais ,cal é a mellor maneira de resolver os conflitos... A  profe Adela ensinounos o libro "O  emocionómetro do inspector  Drilo"  e fixemos un diario das emocións no cal fomos apuntando como nos sentimos durante ese día exteriorizando así os seus sentimentos.


Tamén vimos varios cadros de diferentes pintores e debatemos sobre que emocións nos transmitían, as identificamos e as traballamos. Reflexionamos sobre que cousas ou situacións fannos estar contentos, tristes, enfadados... 




 Xogamos ao bingo das emocións

E reproducimos as obras de arte presentadas   empregando diferentes técnicas plásticas : pintura con xeos, grafismo creativo, dripping...



mércores, 24 de marzo de 2021

O QUE APRENDIMOS NO SEGUNDO TRIMESTRE

 Bo día familias!!

    Pensabades que a clase de 5 anos estivo vagueando até o de agora? Pois non!! As nenas e nenos de 6º de infantil traballou arreo facendo unha morea de cousas que vos queremos mostrar....

    Continuamos co interesante proxecto que iniciou a profe Laura sobre as emocións. Para elo comentamos na clase qué pensabamos que era cada emoción e que situacións nos facían sentir dese xeito. E logo, ou ben debuxamos momentos nos que aflorou esa emoción ou escribimos palabras relacionadas. O monstro de cores estivo moi presente.





    Tamén repasamos o conteo, seguindo a temática dos monstros. Gustounos moito!



    A medida que fomos profundizando nas emocións fixemos un mural para poder velas todas xuntiñas.



    Pero iso non foi todo! Aínda tivemos ganas de facer o 8 de Marzo un lapbook moi orixinal sobre Margarita Salas, unha bioquímica española que realizou achegas importantes sobre o ADN e puidemos gozar ademais dun contacontos no patio.

    Como somos moi traballadoras e traballadores, ante a chegada da primavera sementamos e prantamos legumes e hortalizas no noso horto. Somos expertas poñendo patacas.


    E por último, con motivo do Día da Poesía, recuperamos a nosa obra pola conmemoración do Día de Rosalía de Castro e vimos o que era un código QR e como funciona e puidemos vernos en vídeo recitando o fermoso poema que aprendemos.



 

Tamén estamos argallando algo para levar os nosos traballiños, pero é unha sorpresa...






sábado, 13 de febreiro de 2021

PROXECTO “YO SOY EMOCIÓN”

Ola familias! Temos cousiñas que contarvos! No inicio deste mes de febreiro tivemos unha sorpresa no cole... recibimos unha carta! A carta era da nosa mascota do cole, Arnaldo, contándonos que tivera un problema coa visita do seu curmán e pedíndonos axuda. 

Despois de ler a carta, soubemos que o que lle pasou a Arnaldo foi que se enfadou moitísimo co seu curmán porque lle rompeu un conto, pero claro, como Arnaldo non sabe que son as emocións non conseguiu entender o que lle pasara... E aquí estamos nós, os nenos e nenas de 5 anos para axudarlle a averiguar e a saber máis de este tema. 




Logo de ler a carta, fomos a biblioteca do cole, a casa de Arnaldo, para seleccionar contos relacionados coas emocións: vimos cada conto para comprobar se trataba sobre as emocións e descartamos os que non tiña nada que ver. 




A continuación, comenzamos a falar sobre aquilo que sabíamos das emocións, o que queremos aprender sobre elas, e tamén, onde imos buscar a información.






Tamén engadimos unha rutina nova a realizar na asemblea, que consiste en rexistrar cada día como nos sentimos e por que. 



Ademais de todo isto, realizamos outro tipo de actividades como un xogo de memory sobre emocións. 


Tamén falamos sobre as nosas emocións, sobre como nos sentimos en determinadas situacións, que sentimos no corpo, etc. a través dunhas tarxetas elaboradas pola profe.






Outra cousa que fixemos que nos gustou moitísimo foi facer ioga mediante o conto “Yo soy yoga” onde íamos realizando diferentes posturas a través da lectura do mesmo. 









Outra actividade que realizamos foi a de escoller unha metade dun corazón partido e logo buscar a outra metade e, unha vez que todos tiñamos a nosa parella, tíñamos que dicir o que máis nos gusta dese neno ou nena e facer un debuxo. 




Tamén engadimos un novo espazo na aula, o renuncho da calma, onde temos distintos materiais como un par de esterillas con tarxetas con posturas de ioga sacadas do conto “Yo soy yoga”, pelotas antiestrés, xogos de emocións, botes de calma para observar e tranquilizarnos,  plumas para relaxarnos pasándoas polo noso corpo...



E, por último, que non se me olvide... confeccionamos os nosos disfrazes para o entroido. Sorteamos os emojis que cada un fixo o que lle tocou.







Desfrutamos da merenda de entroido e saímos ao patio a desfilar cos nosos disfraces.