Durante o mes de febreiro a profe de prácticas Adela traballou connosco as emocións. Reflexionamos sobre as mesmas, os sentimentos, a forma de actuar cos amigos/ as, como nos gusta que nos traten e como debemos tratar aos demais ,cal é a mellor maneira de resolver os conflitos... A profe Adela ensinounos o libro "O emocionómetro do inspector Drilo" e fixemos un diario das emocións no cal fomos apuntando como nos sentimos durante ese día exteriorizando así os seus sentimentos.
Tamén vimos varios cadros de diferentes pintores e debatemos sobre que emocións nos transmitían, as identificamos e as traballamos. Reflexionamos sobre que cousas ou situacións fannos estar contentos, tristes, enfadados...
Xogamos ao bingo das emocións
E reproducimos as obras de arte presentadas empregando diferentes técnicas plásticas : pintura con xeos, grafismo creativo, dripping...
Ningún comentario:
Publicar un comentario