A volta das vacacións de Nadal atopámonos cuns agasallos que nos deixaron os Reis Magos. A verdade que acertaron porque nos gustan moito.
Despois de xogar libremente tamén o fixemos en gran grupo a través dun xogo de ditado de formas. Tamén ordenamos as formas polo seu tamaño, creamos cículos con dous semicírculos,...
Como cambiamos de estación decidimos decorar a porta de clase con motivos de inverno.
Continuamos traballando o noso nome. Nesta ocasión fixemos uns bonecos de neve estampando cunha pataca.
Fixemos algúns traballiños: do cadrado, do noso nome, as partes da cara, a letra A pola que comeza o nome dalgúns compañeiros.
Tamén estamos traballando a orientación espacial a través deste xogo.
Traballamos a lectoescritura e grafomotricidade.
Picamos con punzón (primeiro libremente e despois de forma dirixida, seguindo un recorrido)
Aprendemos a xogar ao memori.
Tivemos a sorte de que a profe Ana mais Esteban nos fixeron unha sesión de titeres.
Con esforzo e a través do ensaio-erro todo se consegue,...
Intentamos coser un poquiño pero aínda é un pouco difícil...
Como xa sabedes para conmemorar o Día da Paz celebramos a III Carreira Solidaria para colaborar cos mais desfavorecidos.
Os mais pequenos axudamos a colocar os produtos recaudados no expositor.
Gústanos moito contar os contos no patio
Comezamos coa horta do cole. Primeiro axudamos a preparar os bancais. Polo momento plantamos cebolas.
Por suposto, damos renda solta a nosa creatividade sempre que podemos mentras escoitamos música clásica.
Aprendemos xogando!!!
Gozamos deste fantástico patio!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario