sábado, 15 de abril de 2023

En Marzo, a chegada da primavera nos alegra!

 Ola familias!!!

O mes de marzo aproveitámolo a tope, para traballar e tamén disfrutar!!

As mates traballámolas de distintos xeitos, na ficha para facer a grafía dos números de xeito correcto e cos distintos materiais e xogos manipulativos. Aquí estamos facendo torres de decenas da mesma cor.

Xogamos co xogo de cartas 10 porquiños para iniciarnos nas operacións da suma e da resta.

Co xogo "Plumilla Postal" practicamos a suma.

Eliximos un número e o dividimos en dous.

Xogamos co xogo "Veo 10" para realizar sumas de números que cheguen a 10.

Compoñemos a serie numérica coas regletas:

Para traballar a lectoescritura seguimos traballando os contos de cada letra, repasamos a súa direccionlidade co dedo e despois facemola na ficha, ademais tamén escribimos palabras que comecen polas letras traballadas de xeito autónomo.

 Iniciamos unha nova actividade chamada "O correo" no que escribimos cartas a os nosos compañeiros, e os venres se todos os sobres teñen carta podemos recollelas. Dicímonos cousas moi bonitas...



No obradoiro de arte seguimos traballando ao artista dos nenos Herve Tullet, encántanos seguir as súas instruccións!!



Coa chegada da primavera iniciamos unha nova investigación sobre AS AVES.

Pintámonos como elas:

Analizamos a súa morfoloxía:

Escoitamos o seu canto:

Visitounos O Csic para amosarnos curiosidades sobre o fondo mariño, gustounos moitísimo, Grazas a David e Susi por ensinarnos cousas tan interesantes!!



 Nos recantos facemos unha chea de cousas novas cada día, desta vez tiñamos puzzles novos, elaboración de colares e pulseiras, construccións, obras de arte...






O día da muller adícamolo a unhas Super mulleres, as nosas avoas, falamos delas e elaboramos este mural tan importante para nós, que todo o cole sepa que SUPER AVOAS temos!



Para finalizar o trimestre fixemos unha nova andaina pola contorna, desta vez, subimos a montaña máis alta de Seixo, o parque da Brea!!! Desfrutamos da natureza, dunha merenda de picnic, das vistas e sobre todo aproveitamos para limpar a nosa contorna, somos un equipo!!!






E para o último día de trimestre.... decoramos a nosa foto de recordo da saída, comemos rosca, xogamos a buscar ovos de chocolate e pintámonos de coelliños de pascua!!!

 

 

E no próximo trimestre....moito máis!!

xoves, 6 de abril de 2023

OS MÁIS PEQUES DESPIDEN O TRIMESTRE

Os máis peques do cole despedimos o mes de marzo cun montón de actividades e días especiais. A semana do 20 ao 24 de marzo démoslle a benvida á primavera facendo uns ramos e uns cadros chulísimos. Esa semana tamén tivemos unha actividade especial cuns investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, un deles era o papá de Olivia, de 1º, graciñas por contarnos tantas cousas interesantes! Alucinamos un montón vendo incluso animais vivos! 


A última semana do mes, do 27 ao 31 de marzo, fixemos moitiiiiisimas cousas. Como súper erres que somos, fixemos ramos de flores reciclando cartóns de ovos e puxémoslles pauciños que saímos a coller á carballeira que está ao lado do cole. Tamén reciclamos vasiños de iogur que decoramos e usamos para plantar amorodos coa axuda da profe Fátima: que divertido!!! Fixemos unha andaina, con todos os compis de infantil, ao parque da Brea onde fixemos un picnic. Ademais seguimos aprendendo cos xogos de mesa, desfrutando moito no patio... e despedimos marzo bucando ovos de pascua e comendo rosca: pedazo mes!!!


Non podemos despedir o mes sen felicitar a Xoel co que celebramos que xa ten 4 anos: parabéns Xoel!!!

sábado, 1 de abril de 2023

FEBREIRO E MARZO NA CLASE DE 4 ANOS

 Aos nenos e nenas de 4 anos encántanos o entroido e pasámolo xenial seguindo as indicacións do mandadiño e preparando os disfraces de Super R.




Continuamos traballando sobre o proxecto do corpo humano. Neste caso, estivemos investigando sobre o aparato dixestivo.




 

Versionamos as obras de Kandinsky: "Varios círculos" e "Hacia arriba"



 



 

Polo Día da amizade lemos no patio o conto "Así es mi corazón"


Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro traballamos a súa poesía "Parece unha Rosa"


Temos novas propostas de aula.





Fixemos diferentes xogos:

Para despedir o inverno xogamos coas pingas de choiva.

Xogo de conciencia fonolóxica.

Xogo do número protagonista
Xogo das tarxetas psicomotrices
Números de limpiapipas
Xogo das camionetas onde teñen que cargar o remolque con tantas pezas como indica o número.


Xogo dos edificios

Xogo de conciencia fonolóxica "Os animais que comen,..."

Momentos de xogo


Para darlle a benvida á primavera merendamos no patio.

 Esta semana recibimos unha charla sobre animais mariños que nos encantou.




Visitounos o coelliño de Pascua que nos deixou ovos de chocolate polo patio. Merendamos unha rosca riquísima.