Os máis peques do cole despedimos o mes de marzo cun montón de actividades e días especiais. A semana do 20 ao 24 de marzo démoslle a benvida á primavera facendo uns ramos e uns cadros chulísimos. Esa semana tamén tivemos unha actividade especial cuns investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, un deles era o papá de Olivia, de 1º, graciñas por contarnos tantas cousas interesantes! Alucinamos un montón vendo incluso animais vivos!
A última semana do mes, do 27 ao 31 de marzo, fixemos moitiiiiisimas cousas. Como súper erres que somos, fixemos ramos de flores reciclando cartóns de ovos e puxémoslles pauciños que saímos a coller á carballeira que está ao lado do cole. Tamén reciclamos vasiños de iogur que decoramos e usamos para plantar amorodos coa axuda da profe Fátima: que divertido!!! Fixemos unha andaina, con todos os compis de infantil, ao parque da Brea onde fixemos un picnic. Ademais seguimos aprendendo cos xogos de mesa, desfrutando moito no patio... e despedimos marzo bucando ovos de pascua e comendo rosca: pedazo mes!!!
Non podemos despedir o mes sen felicitar a Xoel co que celebramos que xa ten 4 anos: parabéns Xoel!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario