Ola familias!!!
O mes de marzo aproveitámolo a tope, para traballar e tamén disfrutar!!
As mates traballámolas de distintos xeitos, na ficha para facer a grafía dos números de xeito correcto e cos distintos materiais e xogos manipulativos. Aquí estamos facendo torres de decenas da mesma cor.
Xogamos co xogo de cartas 10 porquiños para iniciarnos nas operacións da suma e da resta.
Co xogo "Plumilla Postal" practicamos a suma.
Eliximos un número e o dividimos en dous.
Xogamos co xogo "Veo 10" para realizar sumas de números que cheguen a 10.
Compoñemos a serie numérica coas regletas:
Para traballar a lectoescritura seguimos traballando os contos de cada letra, repasamos a súa direccionlidade co dedo e despois facemola na ficha, ademais tamén escribimos palabras que comecen polas letras traballadas de xeito autónomo.
Iniciamos unha nova actividade chamada "O correo" no que escribimos cartas a os nosos compañeiros, e os venres se todos os sobres teñen carta podemos recollelas. Dicímonos cousas moi bonitas...
No obradoiro de arte seguimos traballando ao artista dos nenos Herve Tullet, encántanos seguir as súas instruccións!!
Coa chegada da primavera iniciamos unha nova investigación sobre AS AVES.
Pintámonos como elas:
Analizamos a súa morfoloxía:
Escoitamos o seu canto:
Visitounos O Csic para amosarnos curiosidades sobre o fondo mariño, gustounos moitísimo, Grazas a David e Susi por ensinarnos cousas tan interesantes!!
Nos recantos facemos unha chea de cousas novas cada día, desta vez tiñamos puzzles novos, elaboración de colares e pulseiras, construccións, obras de arte...
O día da muller adícamolo a unhas Super mulleres, as nosas avoas, falamos delas e elaboramos este mural tan importante para nós, que todo o cole sepa que SUPER AVOAS temos!
Para finalizar o trimestre fixemos unha nova andaina pola contorna, desta vez, subimos a montaña máis alta de Seixo, o parque da Brea!!! Desfrutamos da natureza, dunha merenda de picnic, das vistas e sobre todo aproveitamos para limpar a nosa contorna, somos un equipo!!!
E para o último día de trimestre.... decoramos a nosa foto de recordo da saída, comemos rosca, xogamos a buscar ovos de chocolate e pintámonos de coelliños de pascua!!!
E no próximo trimestre....moito máis!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario