sábado, 24 de setembro de 2022

PRIMEIRA SEMANA NO COLE DE MAIORES

As nenas e nenos da clase de 3 anos superaron a súa primeira semana completa no cole, e fixérono con nota!! Ademais recibiron xuntos o outono xogando coas follas.
 

Pouco a pouco imos coñecendo máis ao profesorado, aos compis, os espazos... e iso axuda a sentirnos máis comodos no cole. Aquí tendes un resumo desta semana na que xogamos no patio de maiores, descubrimos outros espazos como a aula de luz... e moitas cousas máis!

.

sábado, 17 de setembro de 2022

RECIBIMOS UNHA TROPA MARABILLOSA EN SEIXO!

Estes sorrisos taaaan bonitos levan unha semana iluminando o cole de Seixo. A clase de 3 anos está formada por 15 pequechas e pequechos que xa remataron o seu período de acollida e o luns comezarán con horario completo.
 

Día a día fomos coñecéndonos e gañando confianza, para explorar e desfrutar todas as cousas que podemos facer na aula, no patio... en todo o cole! Xogamos mooooito cos compis e fixemos moitas cousas. Pouco a pouco, sentímonos cada día un pouquiño máis a gusto.


E por fin saímos ao marabilloso patio do cole de maiores que tantas veces vimos dende fora, e que ben o pasamos... incluso recolectamos e comemos tomates e fresas!!


Paula, Gala, Dylan, Xabi, Artai, Saúl, Eira, Roi, Ariani, Mael, Iago, Cristina, Theo, Xoel e Andrea: estamos desexando compartir mooooitas aventuras xuntos no cole!