Amosando publicacións coa etiqueta PDI 2016/17: o mundo que queremos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDI 2016/17: o mundo que queremos. Amosar todas as publicacións

sábado, 14 de outubro de 2017

ALIMENTACIÓN SAUDABLE NA FESTA DO SABER

Os máis peques do cole estivemos traballando sobre alimentación saudable e compartimos cos compis de 5º todo o que aprendemos.

Primeiro invitámolos a nosa exposición onde lles explicamos todo o que descubrimos na nosa investigación. 



E despois entre todos elaboramos unhas pizzas deliciosas que degustamos nunha merenda moi especial... e por fin estrenamos o forno do cole! 














PROXECTO: UN MUNDO LIMPO

Durante o curso pasado, os nenos e nenas de 5 anos vivenciamos que no mundo que queremos é importante reducir o lixo e a contaminación. Co profe Jorge elaboramos diversos xoguetes e obras de arte con envases e outros elementos que terminarían no lixo.

Na festa do saber compartimos cos compis de 1º o que fixemos e aprendemos, e tamén os levamos ao horto para explicarlles como o traballamos.

 








mércores, 11 de outubro de 2017

O COIDADO DAS PLANTAS

Os nenos e nenas da clase da profe Maricarmen, o ano pasado fixeron un proxecto moi chulo sobre o coidado das plantas.
Aquí tendes un resumo fantástico en imaxes, porque o mundo que queremos é un mundo no que se coidan as plantas!

luns, 5 de xuño de 2017

PROXECTO ALIMENTACION SAUDABLE VII

     Por último e para rematar o noso proxecto aprendimos  onde podemos atopar os alimentos e como se chaman as persoas que alí traballan.


xoves, 25 de maio de 2017

PROXECTO ALIMENTACIÓN SAUDABLE (VI)

Dentro do proxecto de alimentación saudable da clase de 3 anos, estamos traballando hábitos de hixiene relacionados directamente coa alimentación, como o coidado dos dentes. 


Grazas á colaboración de Sanitas Dental de Pontevedra organizamos un obradoiro de saudo bucodental co alumnado máis peque do cole e coas familias. 



Os nenos e nenas, xunto coas súas familias e as profes, aprendemos moitas cousas prácticas sobre a hixiene dental....



Vimos que fan os dentistas na consulta onde temos que ir unha vez ao ano.



E tamén puidemos facer prácticas!

    


PROXECTO ALIMENTACIÓN SAUDABLE (V)

Aquí vos deixamos as fotos da merenda saudable que tivemos en clase o pasado venres 21 de Abril (cun pouco de atraso...) para que comprobedes o moito que aprendemos, o ben que merendamos e o estupendo que o pasamos!!!



Primeiro de todo colocamos todo o necesario para elaborar a nosa merenda


Despois lavamos as mans:






O seguinte foi lavar ben a froita:



Pelala:




Exprimimos os limóns para facer limonada:









E probamos a limonada, primeiro limón 100%... e descubrimos o sabor amargo así que tivemos que endulzala un pouquiño!


Cortamos a froita:










Fixemos as brochetas....



E A COMEEEEERRRRRR!!!!!!!!