xoves, 25 de maio de 2017

PROXECTO ALIMENTACIÓN SAUDABLE (VI)

Dentro do proxecto de alimentación saudable da clase de 3 anos, estamos traballando hábitos de hixiene relacionados directamente coa alimentación, como o coidado dos dentes. 


Grazas á colaboración de Sanitas Dental de Pontevedra organizamos un obradoiro de saudo bucodental co alumnado máis peque do cole e coas familias. 



Os nenos e nenas, xunto coas súas familias e as profes, aprendemos moitas cousas prácticas sobre a hixiene dental....



Vimos que fan os dentistas na consulta onde temos que ir unha vez ao ano.



E tamén puidemos facer prácticas!

    


Ningún comentario:

Publicar un comentario