Estes sorrisos taaaan bonitos levan unha semana iluminando o cole de Seixo. A clase de 3 anos está formada por 15 pequechas e pequechos que xa remataron o seu período de acollida e o luns comezarán con horario completo.
Día a día fomos coñecéndonos e gañando confianza, para explorar e desfrutar todas as cousas que podemos facer na aula, no patio... en todo o cole! Xogamos mooooito cos compis e fixemos moitas cousas. Pouco a pouco, sentímonos cada día un pouquiño máis a gusto.
E por fin saímos ao marabilloso patio do cole de maiores que tantas veces vimos dende fora, e que ben o pasamos... incluso recolectamos e comemos tomates e fresas!!
Paula, Gala, Dylan, Xabi, Artai, Saúl, Eira, Roi, Ariani, Mael, Iago, Cristina, Theo, Xoel e Andrea: estamos desexando compartir mooooitas aventuras xuntos no cole!
Ningún comentario:
Publicar un comentario