martes, 15 de febreiro de 2022

XANEIRO EN 5 ANOS

 En 5 anos empezamos o ano da  mellor maneira posible: con agasallos!!!!. Papá Noel e os Reis Magos deixáronnos na aula uns agasallos  chulísimos.  E sabedes por que? Por que fomos moi bos e portámonos moi ben!!!



 Neste primeiro mes do ano tamén celebramos os aniversarios de Sergio, Tomé e Raquel (os maiores da clase) e tamén o de Hugo que cumpriu os 5 anos nas vacacións de Nadal.



 Traballamos, xogamos e aprendimos moitas cousas aínda que o máis importante é que nos divertimos e disfrutamos. Algunhas das actividades que fixemos estes días foron as seguintes:

- Traballamos o inverno: simetrías, lectoescritura, contos, prendas de roupa, paisaxes, cores frías e cálidas, temperatura...




Aproveitando as baixas temperaturas que temos cando chegamos ao cole anotamos a temperatura do exterior e a comparamos coa que temos na clase e a nosa corporal.

- Festexamos o Día da Paz:


- Investigamos sobre os polos: aproveitando a visita que tivemos no cole do planetario vimos cómo é o noso planeta terra, os continentes, coñecimos un pouco o sistema solar, onde están situados os polos e algúns animais que viven neles.

- Xogamos nos diferentes recunchos da aula e fomos a pizarra dixital:






- E continuamos coa mochila viaxeira:




Ningún comentario:

Publicar un comentario