Queredes ver toooodo o que fixemos neste mes.... aproveitamos o tempo a tope e pásamolo aínda mellor!!!
Comezamos o mes traballando a separación de residuos e para iso contamos coa axuda duns amiguiños que coñecemos moi ben... A PATRULLA CANINA! Así Chase ensinounos que o papel e o cartón temos que tiralo a papeleira azul, Rubble díxonos que as latas brics e plásticos teñen que ir na papeleira amarela e Rocky amousounos que os restos orgánicos de comida podémolas tirar no composteiro para así facer compost e nutrir a nosa horta.
Facemos un gran traballo en equipo!!
Traballamos o dígrafo Ch tras a escoita dun conto no que era a protagonista, e fixemos grafomotricidade XXL, a CH no conto tiña unha churrería e mirade que bos churros facemos!
Seguimos traballando as mates de xeito manipulativo, aquí estamos descompoñendo o número 8, comprobando que números podemos xuntar para chegar a formar o número que eliximos poñer no tellado do noso edificio.
Nesta ocasión xogamos a balanza dos números coa cal temos que escoller un número para poñer nun brazo e poñer no outro as unidades que o compón, e dicir, o numero 6 nun brazo e no outro teremos que poñer 6 numeros 1 para que quede nivelada a balanza. Así os rapaces comprenden a idea de cantidade que ten cada número.
Nesta actividade presentamos os policubos que nun primeiro momento tivemos que clasificar por cores. unha vez ordenados representamos diversas sumas facendo torres e asociándoas a cada número. Agora xa sabemos que sumar e xuntar, polo que si xuntamos as dúas torres da suma xa sabemos cal e o resultado, encántanos sumar así!
Polo día do amor e a amizade escoitamos un conto sobre os amigos e fixemos unha manualidade donde escribimos o nome dos amigos aos que máis queremos.
Elaboramos a portada dos noso traballiños...
Para conmemorar o día de Rosalía traballamos sobre a súa flor preferida, o pensamento, e fixemos un xigante coa técnica da clesografía, que pretende facer simetrías doblando o papel limpo sobre o papel manchado de pintura, mirade que chulo nos quedou!
Ademais escribimos nun pensamento a poesía de Rosalía que traballamos "Tempo de inverno", con motivo da actividade de centro "ANDAINAS POR ROSALÍA" atoparédela nun punto importante para a nosa vila... Animádevos a facer a ruta que comeza na porta do noso cole e seguide as indicacións!
Ademais plantamos pensamentos que agora decoran nos neumáticos do patio convertidos en xardineiras...
Tamén observamos o almanaque de plantación da horta e en febreiro... toca plantar as cebolas!!
Co proxecto de voz natura o cole puido mercar novas árbores frutais e falamos do proceso de polinización tan importante para que medren as froitas que tanto nos gusta comer nos patios.
Como xa sabedes aproveitamos moito o tempo fora, e que temos o mellor patio do mundo mundial!!!
Celebramos os aniversarios dos peques máis maiores da clase, Laia e Mateo xa teñen 5 anos!!
E comezamos a entroidar...
Pixamas, animais, gorros, pelucas, vascalleiros, paiasos, madamas e galáns... pasámolo en grande!!
Mirade que guapos quedamos!! E canto traballamos!!!
Encántanos argallar coa luz...
E estreamos a aula de arte para traballar o Día internacional da Muller, que nós adicamos as Mulleres máis importantes das nosas Vidas:
Ata outra!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario