sábado, 13 de febreiro de 2021

PROXECTO “YO SOY EMOCIÓN”

Ola familias! Temos cousiñas que contarvos! No inicio deste mes de febreiro tivemos unha sorpresa no cole... recibimos unha carta! A carta era da nosa mascota do cole, Arnaldo, contándonos que tivera un problema coa visita do seu curmán e pedíndonos axuda. 

Despois de ler a carta, soubemos que o que lle pasou a Arnaldo foi que se enfadou moitísimo co seu curmán porque lle rompeu un conto, pero claro, como Arnaldo non sabe que son as emocións non conseguiu entender o que lle pasara... E aquí estamos nós, os nenos e nenas de 5 anos para axudarlle a averiguar e a saber máis de este tema. 




Logo de ler a carta, fomos a biblioteca do cole, a casa de Arnaldo, para seleccionar contos relacionados coas emocións: vimos cada conto para comprobar se trataba sobre as emocións e descartamos os que non tiña nada que ver. 




A continuación, comenzamos a falar sobre aquilo que sabíamos das emocións, o que queremos aprender sobre elas, e tamén, onde imos buscar a información.






Tamén engadimos unha rutina nova a realizar na asemblea, que consiste en rexistrar cada día como nos sentimos e por que. 



Ademais de todo isto, realizamos outro tipo de actividades como un xogo de memory sobre emocións. 


Tamén falamos sobre as nosas emocións, sobre como nos sentimos en determinadas situacións, que sentimos no corpo, etc. a través dunhas tarxetas elaboradas pola profe.






Outra cousa que fixemos que nos gustou moitísimo foi facer ioga mediante o conto “Yo soy yoga” onde íamos realizando diferentes posturas a través da lectura do mesmo. 









Outra actividade que realizamos foi a de escoller unha metade dun corazón partido e logo buscar a outra metade e, unha vez que todos tiñamos a nosa parella, tíñamos que dicir o que máis nos gusta dese neno ou nena e facer un debuxo. 




Tamén engadimos un novo espazo na aula, o renuncho da calma, onde temos distintos materiais como un par de esterillas con tarxetas con posturas de ioga sacadas do conto “Yo soy yoga”, pelotas antiestrés, xogos de emocións, botes de calma para observar e tranquilizarnos,  plumas para relaxarnos pasándoas polo noso corpo...



E, por último, que non se me olvide... confeccionamos os nosos disfrazes para o entroido. Sorteamos os emojis que cada un fixo o que lle tocou.







Desfrutamos da merenda de entroido e saímos ao patio a desfilar cos nosos disfraces.





Ningún comentario:

Publicar un comentario