Ola familias!
Esta semana comezamos a preparar o noso disfraz para celebrar o Entroido... pero non hai fotos... Ten que ser unha sorpresa!!
Bueno.... aquí vos deixo unha pequena pista:
Traballamos a discriminación das formas xeométricas, concretamente a do triángulo, comparamolo con obxectos cotiás e asociaron a súa forma con un anaco de pizza, un tellado dunha casa, ou o logotipo de superman...
A actividade consistía en escoller un triángulo de entre todas as formas e describir as súas propiedades de grosor, cor e tamaño.
Descubrimos tamén que hai triángulos nas estradas e falamos sobre o seu significado.
Nos días de chuvia, non nos aburrimos no porche, cada equipo escolle un xogo para entreterse.
Esta semana sacamos ao pirata Patadelata e ao seu loro Ravachol, e probamos a nosa puntería para enganchar os aros nos garfios.
O venres, cando subíamos do patio topámonos cunha sorpresa no porche... O Mandadiño estaba vestido de doutor, e estaba alí para avisarnos do que viña esta semana próxima... preparádevos para o Entroido!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario