Ola familias!! Aquí vos amosamos as fotos desta semana tan movidiña, traballamos a tope!!!
Comezamos montando os nosos petos de bebés, probámolos para axustalos ao noso corpo e despois eliximos os botóns que máis nos gustaban para decoralo.
Seguimos buscando as letras do noso nome para compoñelo no babeiro.
Adornamos o peto coas pegadas dun bebé:
Pintamos un biberón e un chupete.
Tamén tivemos tempo para pasar polo photocall...
Divertímonos nos recreos...
Pintamos máscaras...
Investigamos sobre o entroido galego... desta vez descubrimos a uns personaxes moi atractivos... os peliqueiros!
E agora o que todos estabades esperando... a presentación dos bebés de tres anos:
Estabamos todos moi contentos, por fin podíamos poñer o noso disfraz e xogar con él!
E agora gozade destas merecidas minivacacións!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario