domingo, 28 de febreiro de 2021

SEMANA DE ROSALÍA

 Ola familias!! Esta semana foi moi divertida, desfrutamos de novas aprendizaxes e sobre todo do bo tempo!!

Comezamos a semana rematando o noso peliqueiro, por fin puidemos levalo para casa!!


 
Ademáis descubrimos a unha muller moi importante para a nosa cultura galega: Rosalía de Castro. Preguntádelle aos rapaces que saben dela, seguro que vos din moitas cousas!
 


 Fixemos unha gran Rosalía para poñer no mural do cole, pintámola con lápices acuarelables, aos que despois lle pasamos un pincel para difumnar un pouco as cores e as liñas dos lapis.
 
 
 

 De xeito individual pintamos a nosa Rosalía con tizas de cores e despois compuxemos o seu nome con selos de letras.
 




Durante a semana estivémos ensaiando un poema de Rosalía... pero se queredes ver como nos quedou tedes que velo no blogue de Arnaldo: 
 
 
 
 
Celebramos o aniversario do noso amigo Mateo, que xa cumpriu 4 anos, parabéns amigo!!! 



 E acabamos a semana co que máis nos gusta... un contiño á sombra!
 


 
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario