sábado, 20 de febreiro de 2021

Traballando pola igualdade

 Ola familias!

Este dous días foron de reencontro e celebracións!

Por unha banda recibimos a nosa amiga Laia cunha grande aperta porque estivo de cumple nas minivacacións, é a maior da clase, xa ten 4 aniños!!! Como medran estes pequechiños!!! Parabéns Laia!!

 

 



Esta semana tivemos que traballar sobre unha proposta do concello. Tiñamos que pensar nun lema que defina ao noso cole no tema da igualdade. 

Para iso traballamos o conto: A manchas e a raias, donde puidemos entender perfectamente que significado ten a palabra igualdade.  

Déixovolo aquí para que o vexades cos peques na casa e sigades traballando neste camiño.



Ningún comentario:

Publicar un comentario