Os peques de infantil sempre se apuntan a unha festa!
Por iso o último día de cole montamos unha merendola para despedir xuntos o curso.
Puxéronse as botas e colleron moita enerxía para despois bailar o twist!
Pero ademais, os peques son moi agradecidos, e quixeron sorprender a dúas profes que estiveron este curso con nós: Luz e Sarai (que ese día non puido estar porque lle tocaba no cole de Aldán).
Os peques fixeron un agasallo moi especial para as profes no que todos deixaron as súas pegadas para que nunca se olviden deles nin do cole de Seixo. Mil grazas profes, sodes xeniais!
E seguimos con agradecementos. Xa vos contamos como a profe Maricarmen despediu aos nenos e nenas que rematan infantil (podedes velo premendo AQUÍ)
Pois todos eles tamén quixeron despedir á profe Maricarmen e darlle un agasallo para que nunca se olvide destos tres anos que pasaron xuntos.
Que felicidade, canto nos gustan e nos emocionan os días de festa!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario