Xa rematado o curso, imos lembrar algunhas das actividades que fixemos. Unha delas foi moldear plastilina. A plastilina e un recurso moi antigo e divertido que ten numerosos beneficios para a aprendizaxe dos nenos e nenas, estimula a creatividade, favorece a motricidade fina, e tamén ensina as cores e como mezclalas para obter outras novas. Tamén os tranquiliza e concentra. Por iso e un bo recurso para última hora da mañá.
Ningún comentario:
Publicar un comentario