Ola familias!! Temos moitas cousas que contarvos, estades preparados?? Ahí vai!
Xa levamos tempo coa mesa sensorial do arroz, encántanos xogar a facer trasvases, comidiñas, esconder obxectos, tocalo, e tamén varrelo cando se nos cae! Esta semana aproveitamos para cambialo de cor... ollade que bonito nos quedou!
Primeiro metemos o arroz en bolsas zip:
Despois vertemos o tinte na bolsa e pechámola:
Mezclamos ben o tinte con todo o arroz:
E...mirade que chulada!!!
Seguimos traballando a lectoescritura a través do noso nome, en calquera sitio...
Tamén matemáticas, manipulando os números asociándoos a súa cantidade, e compoñendo a escaleira numérica ascendente e descendente, é unha actividade moi difícil pero que facemos moi ben!!
Formas xeométricas: recoñecendo as súas propiedades: forma, color, tamaño e grosor.
Con respecto ao proxecto dos bebés, aprendemos moitas cousas: sobre a súa alimentación, a súa vida dentro da mamá, e o que máis nos gusta... ser mamás e papás e poderlle limpar o cú, mudar cueiros, portealos... toda unha experiencia!!
En psicomotricidade, a profe Sandra ensinounas a andar cons zancos... fíxémolo moi ben!!
Visitamos a casa de Arnaldo para estrenar puzzles novos!! e tamén algún xogo....
Traballamos para o cole, cousas de letras galegas...
Entre tanto traballo... merecémonos un picnic!!
No patio estamos moi pendentes das trampas das velutinas, esta semana atrapamos unha ben grande!!
O noso patio está cheo de vida... aínda que cando a atopamos xa non teña tanta...sírvenos de moito aprendizaxe, coñecemos a toupa e ao liscanso.
Debuxamos aos animais que coñecemos ese día:
E celebramos o aniversario do noso amigo Izan!! Parabéns capitán!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario