domingo, 5 de marzo de 2023

BO ENTROIDO E FESTA RACHADA, OS NEN@S NA ESCOLA.... FIXEMOS FOLIADA!

 Ola familias!!!

Febreiro foi un mes cheo de diversión pero tamén de traballo, ollade:

Avanzamos na aprendizaxe da grafía das letras mini:

Tentamos escribir de xeito autónomo nas fichas de lectoescritura... ás veces escápansenos as letras pero o importante é facer o esforzo e poñer ao noso cerebro a pensar!

Seguimos traballando con regletas e outros materiais para así entender a composición dos números:

No grafismo creativo facemos cousas moi chulas que requieren de moita concentración:

Seguimos puzzleando, para nós é todo un reto e ademais encántanos facelos en equipo!


Traballamos xeometría con diversos materiais:


 
Co entroido chega a diversión pero ten moito traballo detrás:
 
 
 
As familias tamén curraron moito nos seus disfraces e os peques colaboraron!

 
É así de guapos lucimos no mandadiño:




E chegou o día no que nos convertimos en SÚPER ERRES!!!

 

Nos recunchos da aula aproveitamos moito o tempo, compoñemos figuras, cosemos, construímos, montámonos merendas, creamos zoos, artisteamos...




Preparamos un mural de entroido, con moito confeti!!!

Decoramos a nosa porta cunha chea de máscaras e serpetinas, o que nos gusta entroidar!


Traballamos o día de Rosalía, e representamos o poema PASENIÑO:

Traballamos arreo na construción da cabana de vimbio:

Co bo tempo aproveitamos para facer as nosas escapadiñas pola contorna:


ATA OUTRA!



Ningún comentario:

Publicar un comentario