venres, 24 de marzo de 2023

OS MÁIS PEQUES DESPÍDENSE DO INVERNO

Os máis peques do cole despedimos febreiro e recibimos marzo con moita enerxía e con ganas de primavera. Entre outras cousas, na semana do 27 febreiro ao 2 de marzo estreamos un xogo moi divertido con fotos das nosas caras: coñecémonos de marabilla!!! 

Na semana do 6 ao 10 de marzo fixemos neve para empezar a despedida do inverno, que estaba a piques de rematar. Esa semana tamén pasamos tempo presumindo de avoas, ás que dedicamos o día da muller, porque todas as avoas son unas super avoas!

 

Chegamos á metade de marzo e seguimos desfrutando cos traballos plásticos, xogando cos números e coas letras, que cada día nos chaman máis a atención, e traballando día a día con máis precisión.


Chegou o último aniversario do inverno e tivemos un día de festa para celebrar que Andrea xa ten 4 anos: parabéns Andrea!

Ningún comentario:

Publicar un comentario