Os máis peques do cole vivimos a tope o noso primeiro entroido no cole. Na semana do 6 ao 10 de febreiro seguimos facendo actividades relacionadas co inverno, pero xa nos puxemos en marcha cos disfraces: traballamos un montón!!
A semana 13 ao 17 de febreiro desfrutamos a tope do entroido. Rematamos os disfraces: esforzámonos un montón e traballamos con moita ilusión. Foi unha semana moi divertida, o mandadiño fixo que cada día fose diferente, sempre desexando ver os complementos do día. E por suposto xogamos con disfraces... encántanos!!! Se queredes ver máis do desfile do entroido de todo o cole, podedes velo premendo AQUÍ. Este vídeo resume a nosa semana, que foi xenial!
Despois das vacacións de entroido tivemos unha semana moi cortiña pero aproveitada a tope. Os días 23 e 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía e axudamos na construción da cabana de vimbio. Podedes ver a todo o cole facendo a cabana se premedes AQUÍ.
Escoitade con atención o vídeo resumen da semana, que no son de fondo hai unha sorpresa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario