Os nenos e nenas de 4 anos estamos inmersos no proxecto do corpo humano. Estivemos investigando sobre a función do esqueleto e o nome dalgúns osos. Puxémonos mans a obra e elaboramos o noso propio esqueleto.
Primeiro pintamos os rolos de papel de cartón de cor branco e compuxemos o esqueleto.
Colocamos cada nome no seu oso.
Estivemos falando do que nos pasa cando rompemos un oso e como facemos para curar. Fixemos a radiografía das nosas mans.
Somos uns grans artistas
Estreamos uns crebacabezas magnéticos do corpo humano (músculos, esqueleto, aparato circulatorio, dixestivo e partes do corpo) A verdade que nos encanta!!!
Algúns dos traballiños que fixemos
Traballamos a conciencia fonolóxica
Facemos series de Samaín:
Xogamos a un Xogo de Memoria cos elementos de outono. Consiste en intentar memorizar os elementos de outono que aparecen nos círculos. Colocamos unha plantilla na landra e deixamos uns segundos para que o memoricen. Despois, quitamos a plantilla e os nenos e nenas teñen que colocar na landra os elementos correctos.
Polo 25N fixemos unha asemblea moi produtiva sobre as cousas que non se poden facer e cales si. Temos moi claro que non queremos VIOLENCIA. Fixemos uns sinais de prohibido violencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario