Ola familias! Como ben dí o refrán, novembro comezou cunha actividade moi especial na que o pasamos en grande! Os bombeiros forestais viñeron cos seus camións, mangueiras, ferramentas e elementos naturais para amosárnolos. Canto aprendemos e desfrutamos!!
Continuamos preparando o MAGOSTO, para iso traballamos moitísimo, facendo o noso portacastañas e un mural para ambientar a festa.
Aínda que nos gusta moito a festa... tamén traballamos moito, ollade:
Xogamos ao cinquillo, con estas cartas identificamos cantidades e asociámolas ao seu número, seguimos a serie numérica, clasificamos por formas, respectamos a quenda de xogo...
Traballamos os corpos xeométricos, falamos das formas das bases de cada corpo, do números de lados que teñen e da súa forma, aprendemos o nome dalgún deles, comparámoos con obxectos do contorno...
Xogamos a o xogo matemático de BICHOS, o obxectivo do xogo é facer a suma dos números que saen nos dados e despois buscar a cantidade que corresponde nas fichas que están dadas a volta, polo que ademais de sumar bichos, temos que recordar a cantidade que había en cada ficha para acertar co resultado.
Facemos agrupamentos según cantidades:
Bob Esponxa axúdanos a atopar os números que se escaparon do seu lugar:
Ademais encántanos escribir na pizarra branca, escribimos o nome dos compañeiros en minis, realizamos a grafía dos números seguindo a direccionalidade correcta, completamos as casas das decenas:
Traballamos a conciencia fonolóxica poñendo a pinza nos debuxos que comezan pola letra indicada:
Coa profe Bea tamén reforzamos este traballo buscando elementos da aula que empecen por estas letras, o que nos sirve para despois facer un xeroglífico para descubrir unha mensaxe secreta:
Encántanos saír coa profe Bea, sempre nos ten preparadas actividades que nos motivan un montón:
Os venres subimos a biblioteca, facemos a devolución dos libros prestados e un novo préstamo para a fin de semana, ademáis aproveitamos para contar un conto e despois facer os debuxos:
O día 22 de novembro celebramos o día da música, e tivemos a sorte de recibir a banda de música de Marín, que nos ofreceu un concerto en exclusiva, aprendemos o nome dos instrumentos e gozamos das pezas mais divertidas:
Polo 25N traballamos os estereotipos cun xogo chamado IGUAIS, é un memori no que tiñamos que emparexar aos nenos que estaban a xogar ao mesmo. Temos a sorte de vivir nunha época que iso de que as nenas xogan as muñecas e os nenos a pelota xa non é así, polo que nos custa moitísimo entender porque os nenos e as nenas non poden xogar a todo que lles apeteza, iso é bo sinal!! Ademais, traballamos o sinal de prohibido, onde escribimos os malos tratos que non se poden facer.
Por suposto seguimos traballando de xeito libre nos recantos, onde facemos auténticas marabillas:
Ademais este mes celebramos os aniversarios de Shayla e Martín, agora sí que xa somos todos de 5!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario