luns, 5 de decembro de 2022

ADEUS NOVEMBRO!

Os máis peques do cole despiden novembro con moita enerxía e felices polo ben que o aproveitaron e o moito que aprenderon con todos os compis.
Seguimos gañando autonomía e seguridade no día a día, xogando e aprendendo coas letras, cos números, coas formas, coas cores... traballando moito coas mans para gañar forza e destreza... correndo, saltando... cantando, bailando, pintando e creando, investigando... por suposto, sempre xogando, que é como mellor se aprende.
Así foi a semana do 14 ao 18 de novembro... que gustazo cando a chuvia nos da tregua para aproveitar o patio ao máximo!

 

Do 21 ao 25 de novembro, ademais de seguir traballando na aula cos compis, dedicamos momentos especiais a preparar o 25N con contos, obras de arte e outras dinámicas para entender e berrar ben forte: STOP VIOLENCIA! porque o que nos gusta é o bo trato!

  

Do 28 de novembro ao 2 de decembro, entre outras cousas, celebramos o mes da ciencia facendo un experimento na aula de arte: atopamos un tesouro!
  

Xa comezamos decembro e estamos desexando desfrutar este mes tan especial cheo de maxia... e Pupi vaino desfrutar con nós!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario