domingo, 26 de novembro de 2017

PROXECTO OS CARACOIS V

O outro día levamos unha sospresa cando fomos a limpar a caixa dos caracois, e atopámonos con moitos ovos brancos e pequenos!!! Entón Vera, Iria e Dimitri explicáronnos como nacen os caracois e que por nacer de ovos son animais ovíparos. Tamén estudamos o ciclo de vida dos caracois e como se reproducen. Aprendemos moitas cousas interesantes e moi curiosas!!!







Ningún comentario:

Publicar un comentario